No pasado 11 de decembro a TVG emitira unhas imaxes dunha acción da Plataforma STOP Desafiuzamentos de Compostela e informaba que esta Plataforma apoiaba a Marcha Basca Solidaria con as Persoas Presas da ETA que se vai realizar o 12 de xaneiro en Bilbo e que si apoia o colectivo basco Stop-desahucios. As imaxes da plataforma galega contra as execucións hipotecarias nunha acción diante das oficinas centrais de Novagalicia Banco en Compostela foron emitidas co rótulo 'Polo achegamento a Euskadi'.
Primeiro as activistas composteláns, tal como conta o portal Sermos Galiza exixiran unha rectificación à TVG e reclamaran que se lle dedique a emendar o erro a mesma franxa horaria e o mesmo tempo no informativo, mais a TVG negouse a rectificar.
Agora emitiron na sua páxina de facebook un seu comunicado onde denuncian a criminalización desta plataforma e que copiamos e colamos acá:
Non á criminalización dos movimentos sociais.
A recente nova emitida pola RTVG segundo a cal STOP Desafiuzamentos Compostela vai participar/apoiar a manifestación do dia 14 de xaneiro en Bilbo, ademais de ser un claro exemplo de des-información, vai na liña da nova estratexia do poder cara a enfrontarse co desafío social que o movemento antidesafiuzamentos representa.
Todxs sabemos xa a constante criminalización e demonización que por parte do Estado vense exercendo sobre os dereitos dxs presxs vascxs e as súas familias. Por desgracia, esta estratexia acadou un enorme éxito, de xeito que a maioría da sociedade galega asumiu por completo esta visión criminalizante que se difunde dende os órganos do poder.
¿Que ten isto que ver con nós? Pois é ben sinxelo, a forza de STOP Desafiuzamentos Compostela cremos que xurde da lexitimidade social que o movemento ten. Lexitimidade social que, a través da presión na rúa, é a que nos da a capacidade de defender os dereitos das persoas que quedan sen vivenda. Nas últimas datas isto fíxose especialmente notable, sendo quen de erixirse coma un desafío serio a entidades coma o Banco Santander ou Novagalicia Banco. E é precisamente esta lexitimidade social a que buscan atacar, a través do intento de vincular a STOP Desafiuzamentos Compostela cun movemento tan criminalizado coma é o das familias dxas presxs vascxs. A intención última e criminalizar STOP Desafiuzamentos Compostela, de tal xeito que as persoas afectadas polas execucións hipotecarias non se acheguen nunca a este colectivo.
STOP Desafiuzamentos Compostela non é mais que un grupo de persoas, pero tristemente, é tamén a única ferramenta que as persoas afectadas teñen á súa disposición para defender, de verdade, os seus dereitos. Non queremos ser tan pretenciosxs como para pensar que este colectivo é o único que traballa polos dereitos das persoas desafiuzadas, pero si somos conscientes dos logros e o valor que están a ter as reivindicacións do noso traballo, un traballo que nace da solidariedade entre a propia cidadanía e afectadxs. A nós pouco nos importa que nos vinculen con tal ou cal movemento social, ou que nos intenten criminalizar a xeito individual; pero si que hai unha cousa que nos importa: intentar atacar STOP Desafiuzamentos Compostela é atacar a todas as persoas que están sendo sometidas á gran estafa inmobiliaria, que se ven día a día na rúa e sen futuro, e para as que un movemento coma STOP Desafiuzamentos Compostela é a única ferramenta da que dispoñen para intentar mellorar, aínda que sexa só un pouco, a súa situación. E isto é o que nós non imos permitir.
STOP Desafiuzamentos Compostela
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
É umha opiniom pessoal, mas, nom estariam melhor caladas ??
ResponderEliminarDoutra um sinceiro aplauso por STOP Deshaucios de Euskadi por apoiar algo tam digno como a luita contra a dispersom das pessoas presas.
É triste pensar que um apoio às pessoas presas neste sentido (sejam da ETA, sejam presas sociais) é algo nojento para STOP Desafiuzamentos Compostela e ao que se há que desvincular para "dar boa imagem".
Entretanto e curiosamente:
ResponderEliminarTodos os partidos franceses (agás o de Le Pen) assinam em Baiona a favor dos presos e exiliados de ETA:
http://www.insurgente.org/index.php/template/2012-04-11-07-45-08/pais-vasco/item/2958-todos-los-partidos-franceses-firman-en-baiona-a-favor-de-los-presos-y-exiliados-de-eta