10 oct 2012

PRÓXIMAS ACTIVIDADES CSO LICEO

Chegounaos ao mail a seguinte info:

 Informámosvos das próximas actividades que se realizarán no CSO Liceo, así como das novidades nas actividades permanentes.
 Primeiramente anunciamos que os luns ás 20:00 horas realizaranse sesións de aprendizaxe e adestramento de malabares.
 Tamén temos que informar de que o vindeiro venres día 12 de Outubro ás 20:30 terá lugar unha nova asemblea aberta a todo o que queira asistir. Como xa sabedes estas asembleas teñen lugar os venres cada 15 días.

 Finalmente convidámosvos a todos aos 2 próximos concertos que terán no CSO Liceo:
 -O sábado 20 de Outubro, a partires das 22:00 horas, actuarán os grupos "Dr Slump" (rock dende Ferrol) e o grupo "Defekto Optiko" (punk-rock dende Bueu, http://www.myspace.com/defektooptiko).
 -O domingo día 21 de Outubro a partires das 21:00 horas terá lugar a actuación do grupo francés de Rock&Roll "Orange Macadam"(http://www.myspace.com/orangemacadam007), que están inmersos na súa xira-presentación do seu primeiro cd "Écarlate".

 Agardamos a vosa asistencia!!!!

Blog da okupa C.S.O. Liceo (situada en Marín, Pontevedra): http://csoliceo.blogspot.com.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario