A guerrilla é unha forma de loita contra a orde establecida que vén de lonxe. No Estado español é ben coñecida con ese nome ata os tempos da ditadura do xeneral Franco.
Guerrilleiros foron os chamados "maquis", militantes anarquistas como Wenceslao Jimenez Orive, Ramón Vila Capdevila, Marcelino Massana, Cesar Saborit, Francisco Sabaté Llopart ou José Lluís Facerías, que ata 1963 continuaron o combate contra o fascismo e o capitalismo iniciado o 18 de xullo de 1936, cruzando continuamente a fronteira francesa en dirección a Barcelona cargados con mochilas cheas de armas, propaganda e material de imprenta para as publicacións clandestinas.
Outros grupos como o de Francisco Ponzán Vidal, asasinado pola Gestapo en Francia o 17 de agosto de 1944, axudaron a evadirse, en colaboración cos aliados, a miles de judios e outros perseguidos do réxime nazi.
Todos eles sen excepción foron acusados de "terroristas" e "bandidos" polos medios de comunicación do réxime de Franco.
Años antes tamén foron considerados "terroristas" e "bandidos" homes de acción do anarcosindicalismo catalán como Buenaventura Durruti, Ricardo Sanz, Aurelio Fernandez ou Juan García Oliver, membros dos grupos "Los Solidarios" e "Nosotros", autores das mortes do gobernador de Bilbao Regueral e do Cardeal Soldevilla (implicados na creación dos grupos de pistoleiros da patronal responsables do asasinato de Salvador Seguí e de decenas de sindicalistas entre os anos 1918-23).
"Los Solidarios" foron tamén os autores do asalto ao Banco de España en Gijón e do intento de dar morte ao Rei de España Alfonso XIII en 1926.
Estes mesmos homes de acción posteriormente estiveron á vangarda das forzas populares que na rúa detiveron o golpe de estado fascista do 18 de xullo de 1936, que desencadeou a máis profunda revolución anarquista que vise nunca ata a data a humanidade.
"Pistoleiros" foron chamados tamén militantes anarquistas como Pedro Mateu, Ramón Casanellas e Lluís Nicolau, que deron morte ao presidente do goberno Eduardo Dato en 1921, responsable do asasinato de decenas de detidos sindicalistas en Cataluña e outras rexións mediante a aplicación da "lei de fugas".
Moitos outros "pistoleiros" (en realidade, militantes da CNT) actuaron nese período (1918-1923) enfrontándose coas armas na man aos patróns que se negaban a aceptar as xustas reivindicacións obreiras daqueles anos (xornada laboral de 8 horas, aumentos de salarios, condicións de vida dignas) nunha loita que deixou centenares de mortos en ambos os dous bandos.
"Gangsters" chamaron os medios de comunicación e boa parte dos grupos de oposición democrática a Salvador Puig Antich e a Oriol Solé Sugranyes, membros dos MIL-GAC (Movemento Ibérico de Liberación - Grupos Autónomos de Combate), grupo que colaborou coas loitas obreiras recadando fondos mediante as expropiacións a Bancos e realizando edicións de textos de formación para a clase obreira.
Puig Antich foi asasinado polo fascismo mediante o garrote vil o 2 de marzo de 1974; Oriol Solé foi asasinado nas proximidades da fronteira francesa pola Garda Civil, disparándoo cando se encontraba de costas e desarmado tras a espectacular fuga polos sumidoiros do cárcere de Segovia dunha trintena de presos políticos en abril de 1976.
Tras as súas mortes foron reivindicados como "mártires" da causa antifascista por boa parte da oposición democrática que non quixo colaborar con eles en vida polas súas posicións netamente anticapitalistas.
O período da "transición á democracia" tras a morte de Franco o 20 de Novembro de 1975 non mellorou a situación; o tres de marzo de 1976 cinco obreiros morren e decenas máis son feridos de bala pola Policía Armada española na cidade de Gasteiz (Vitoria). O seu crime? Participar nunha asemblea pacífica no marco dunha folga que duraba tres meses. A prensa española e os voceiros do goberno falaron da "violencia" dos obreiros para xustificar o seu aleivoso asasinato.
188 persoas foron asasinadas no período 1975-83 pola Policía e os grupos terroristas fascistas. Moitos destes crimes quedaron impunes.
Agustín Rueda Sierra, compañeiro anarquista e autónomo que foi detido en 1978 mentres cruzaba a fronteira dende Francia xunto a outro compañeiro portando uns explosivos (continuando desta forma a loita dos "maquis") foi torturado ata a morte polos carcereiros da prisión de Carabanchel (Madrid) o 13 de marzo dese mesmo ano, tras descubrirse no interior da prisión un túnel que ía servir para a fuga dos membros de COPEL (Coordinadora de Presos en Loita), organización asemblearia creada polos presos sociais para reclamar amnistía e profundas reformas do sistema penitenciario.
En 1982 o PSOE (Partido Socialista Obreiro Español) chega a La Moncloa. En 1983 xorde o GAL (Grupos Antiterroristas de Liberación), organización parapolicial responsable de secuestros, torturas e 23 asasinatos de refuxiados vascos e cidadáns franceses ata 1987.
Altos cargos do goberno socialista, policías e ata un xeneral da Garda Civil foron condenados moitos anos despois polas actividades do GAL; non obstante, dos centenares de anos aos que foron condenados só cumpriron unha mínima parte, estando actualmente en liberdade a maioría dos condenados polo terrorismo de Estado.
Tampouco houbo condenas para os que asasinaron con 113 disparos de sub-fusil a catro membros dos C.A.A. (Comandos Autónomos Anticapitalistas) na emboscada e fusilamentos de Baía de Pasaía o 22 de marzo de 1984. A versión oficial falou de "tiroteo" entre "terroristas" e Forzas de Seguridade. Así é a calidade da nosa democracia.
Dende o 11 de setembro do 2001 a loita contra o "terrorismo" encóntrase no epicentro das políticas de represión e criminalización da resistencia en xeral, sexa pacífica ou non. É obvio, pois, que as leis e políticas " anti-terroristas" son aplicadas para defender o Sistema económico, político e social vixente.
Son os poderosos, e os seus voceiros oficiais nos medios de comunicación, os que determinan que é un "acto terrorista" e que non. Para eles, para vós, os bombardeos da OTAN, as políticas económicas que condenan á escravitude a millóns de persoas no mundo ou as brutalidades policiais non son actos de terrorismo, e se o son os actos de resistencia a esta barbarie ou a mera intención de facelo.
Estamos orgullosos da historia de loita e resistencia do movemento libertario-anarquista, e non renegamos nin dos homes de acción, nin da guerrilla. Non os consideramos "terroristas". Recordámoslles como compañeiros que deron o mellor de si mesmos na loita contra o capitalismo e o Estado, na loita pola liberación da clase oprimida á cal pertencemos.
Hoxe en día, o capitalismo volveu mostrar o seu auténtico rostro criminal e anti-popular. Baixo o xugo das políticas económicas neoliberais, moitos están a volver sufrir condicións de vida intolerables. Moitos tamén están a volver descubrir a cortina de fume que esconden os termos "terrorismo" ou "violencia", lanzados dende arriba como arietes contra os movementos de loita que xorden hoxe en día.
Neste sentido, eu e outros compañeiros libertarios-anarquistas, consideramos plenamente válidas as motivacións polas que Loita Revolucionaria pasou á acción. Considerámolos como dignos herdeiros dun amplo movemento de loita, en Europa e fóra dela.
Herdeiros das loitas dos nosos "maquis", os nosos milicianos e os nosos homes de acción, herdeiros na idea de combater por todos os medios ao capitalismo criminal, herdeiros na idea dunha sociedade máis xusta e igualitaria, onde a explotación e a inxustiza sexan abolidas.
No estado español, a figura de Nikos Maziotis é ben coñecida nos medios libertarios-anarquistas dende o ano 1999, polo movemento de solidariedade xerado tras o seu arresto polo falido atentado contra o Ministerio de Industria e Desenvolvemento, movemento no cal eu e outros compañeiros participamos mediante a difusión de comunicados.
Na actualidade, outro movemento de solidariedade similar creouse coa organización Loita Revolucionaria, tras o asasinato de Lambros Foundas e os arrestos. Tiven a sorte de coñecer este ano aos compañeiros Nikos, Pola e Kostas, e dende logo están a anos-luz do estereotipo do "terrorista" sanguinario co que nos bombardean os media.
Por isto tamén os consideramos herdeiros na distancia, xa que nós, a clase oprimida os traballadores, os excluídos, non temos patria: as nosas aspiracións, as nosas loitas e sonos de liberdade son os mesmos no Estado español, en Grecia ou na América latina: mesmo é o inimigo neste mundo globalizado, e mesma é a resposta popular, que non se frea ante a súa criminalización e a súa represión.
Así, a solidariedade cos imputados neste proceso é parte integrante da loita internacional contra o Capitalismo e o Estado; un novo capítulo da loita individual e colectiva contra o dominio e a autoridade.
E dende o noso punto de vista non só como libertarios-anarquistas senón tamén como excluídos e explotados, a nosa loita é xusta e necesaria, e só pode ser xulgada polos nosos iguais. Viva a loita revolucionaria!
Non Pasarán!
Madrid - Atenas, setembro 2012
Copiado, traducido e colado por Edu de Contra Info
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario