10 oct 2012

12 outubro concentracion pola morte de Diego Viña... tras 8 anos seguimos pedindo xustiza

Xa hai oito anos que Diego Viña perdía a vida nos calabozos da garda civil de Arteixo. Encarcerado baixo unha denuncia falsa feita polo seu propio padre (membro da garda civil), apareceu aforcado nunha postura imposible, supostamente cos seus propios pantalóns (que curiosamente agora non aparecen por ningures) e xusto no momento no que as cámaras de seguridade deixaban de grabar.

Como tódolos anos dende entón o vindeiro 12 de outubro convocouse unha concentración fronte a igrexa de Santiago de Arteixo ás 12:00h, cando a garda civil desa localidade festexa a súa patrona.

É importante sinalar que, do mesmo xeito que tódalas denuncias contra a garda civil por este caso son sistemáticamente pechadas (agora atópanse pendentes do tribunal supremo), a represión cebouse durante varios anos seguidos contra os participantes desta protesta. Así, 16 persoas atópanse agora mesmo procesadas por un delito de inxurias (por berrar "a garda civil tortura e asasina") supostamente acontecido na concentración de hai dous anos. Pero na de hai tres anos tamén houbo inculpados por delitos de "detención ilegal e contra a liberdade de culto" e as protestas anteriores tampouco se salvaron de absurdas sancións xudiciais. Mais info neste blog -Aquí. Aquí a crónica da concentración do ano pasado.


Nova elaborada por C.R. a través de información que nos chegou ao correo acompañando o cartaz que encabeza este artigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario