Moito se fala últimamente, tanto en bares e tertulias como
polos mundos cibernauticos, da actuación duns supostos infiltrados policiais na
manifestación do pasado 25S, que, mediante o seu ataque a bastonazos ás filas
da UIP, proporcionarían o pretexto aos antidisturbios para reprimir a protesta.
Pois ben, eu nin estiven alí, nin coñezo a ningún implicado
no episodio dos banderazos (polo menos que eu saiba), pero iso non me impide
dubidar seriamente da tan cacarexada hipótese da provocación policial.
Evidentemente a policía é perfectamente capaz de infiltrar axentes nas
manifestacións en labores de provocación, á mente véñenme as imaxes da
manifestación antiglobalización de xuño de 2001 en Barcelona e a sobradamente
probada e documentada participación de infiltrados naqueles disturbios, pero as
supostas probas que agora circulan pola rede sobre a provocación policial na
manifestación do pasado martes a min, dende logo, non me convencen. Que hai fotos que amosan a policías
infiltrados con capucha e roupa escura detendo a xente? Si, claro, e non é nada
novo, dende sempre a policía infiltra “secretas” nas manifas e, evidentemente,
estes visten do mesmo xeito que a xente entre a que se pensan confundir.
Eu levo vendo secretas con capucha e pano nas protestas dende o século pasado, como bos “secretas” procuran ocultar a súa identidade, o raro sería que fosen con camisa de lunares e peineta. Se a sua intención é infiltrarse nun posible “bloque negro” (onde todos visten de escuro e con capucha precisamente para parecer todos iguais e evitar o recoñecemento policial) o lóxico será que os “secretas” fagan o propio. Por tanto, a afirmación tan difundida polo borreguismo quincemero de que como hai fotos de secretas de negro e con capucha, e como os que atacaron con paos e escudos a policía ían de negro e con capucha, “ergo” os uns e os outros son os mesmos, a mín, polo menos, paréceme una auténtica gilipollez.
Eu levo vendo secretas con capucha e pano nas protestas dende o século pasado, como bos “secretas” procuran ocultar a súa identidade, o raro sería que fosen con camisa de lunares e peineta. Se a sua intención é infiltrarse nun posible “bloque negro” (onde todos visten de escuro e con capucha precisamente para parecer todos iguais e evitar o recoñecemento policial) o lóxico será que os “secretas” fagan o propio. Por tanto, a afirmación tan difundida polo borreguismo quincemero de que como hai fotos de secretas de negro e con capucha, e como os que atacaron con paos e escudos a policía ían de negro e con capucha, “ergo” os uns e os outros son os mesmos, a mín, polo menos, paréceme una auténtica gilipollez.
Pero o peor de todo non é que sexan ou non provocadores da
policía (cousa que eu, aínda que o dubido, sinceramente non o sei), senon que
exténdese como a pólvora a impresión de que esta xente actuou mal, de que a desproporcionada
actuación policial queda sobradamente xustificada porque unha veintena de tipos
tentaron durante escasamente dez segundos zurrarlles a badana aos mastuezos que
custodiaban o parlamento da ira popular.
E se lles pegaron aos madeiros qué? Fixeron mal? Porque a mín
paréceme perfecto. Sen ir máis lonxe o día seguinte os gregos atacaron os seus
represores autóctonos con paos, pedras e cócteles molotov e alí a ninguén se lle
caen os aneis. Eles teñen moi claro quen é o inimigo e como hai que combatelo,
mentres aquí aínda atopamos a patéticos pardillos de xeonllos ofrecendo flores aos
seus verdugos. Todo o que gañouse coa loita dos mineiros, e a conseguinte restitución do papel da confrontación directa
no imaxinario popular, ameaza agora perderse pola absurda invocación da
trillada “infiltración policial” dos comeflores de sempre.
Dese xeito nas movilizacións do día seguinte circularon
panfletos que aconsellaban “rodear e paralizar aos violentos” e corearonse
consignas que equiparaban aos encapuchados coas forzas de seguridade. É seguro
que non tardarán en voltar a repetirse as nauseabundas imaxes de “pacificos”
manifestantes agredindo a xente por taparse a cara ou por facer pintadas no
transcurso dunha mani, democráticos cidadáns,
en cívico linchamento, repetindo cual mantra o acusador anatema de “violentos”.
Repito que aínda que o dubido, non sei a ciencia certa se
houbo ou non provocación por parte de infiltrados policiais, pero o feito de
centrar ahí a atención dos acontecementos non fai se non achegarnos aos
patéticos tempos do “pacifismo” totalitario e agresivo que tanto dano lle
fixeron ao 15M, xusto agora que parecía que, afortunadamente, empezaban a
superarse.
Porque ademáis, se alguén decide empréndela a paos cos madeiros
para romper o cordón policial do parlamento para tentar así facer o que a
convocatoria da protesta anunciaba que se quería facer… pois que carallo, fai
moi ben!!!!
efectivewonder companheiro, o problema é que a violência nas maus, nas porras, nos gases, nas balas de goma e nas de verdade,..., dos corpos repressivos som vistos com normalidadade mesmo polos 15 merdeiros e até justificam que lhes zurrem se algum malo, malote ou mala, malota foi provocar-lhes.
ResponderEliminarEntanto a violência do povo é terrorismo para estes "pacíficos" cidadás a quem os governos so oferecem misserias dia sim e dia também.
Questom de conceptos alterados polos mesmos governos que dim combater e que estes 15meros e meras assumem como próprios.
Eu tampouco estiven e paso de esbardallar. Quen estivese, sabe o que pasou e punto. Pola miña parte, completamente dacordo co devandito escrito.
ResponderEliminarFalaba onte cunha compañeira grega que falaba de cento e pico detencións e moreas de feridxs, gases e hostias a mansalva. Aquí a xente chora polo de antes de onte, pero... cando a policía de aquí se aplique coma a grega, entón non quedará comeflores con cabeza. A este paso, non ha tardar moito. A gran pregunta é... cando hostia pensará o pobo do Estado español coma pensa o pobo grego? (e sen ánimo de idealizar a Grecia, que tamén hai moito lixo de ultradereita por non falar da secta do KKE, pero en fin... aínda así, penso que nos levan non pouca ventaxa).
Unha vergonza...