19 sept 2012

Grupo anarquista reivindica o ataque ao "Club Financiero de Vigo"

Segundo o informado polo diario comercial "La Voz de Galicia" na sua edición dixital de hoxe, un grupo anarquista chamado Acción Directa Anticapitalista Internacionalista (ADAI) reivindicou o lanzamento dun coctel molotov contra o "Club Financiero de Vigo". Ata o de agora o atentado, perpetrado por dous encapuchados na madrugada do luns, considerábase relacionado coas detencións dos presuntos membros de Resistencia Galega do pasado fín de semana; nembargantes, de seres certo o publicado pola Voz de Galicia, unha carta chegada a súa redacción en Vigo reivindicaría o ataque mediante un comunicado "en castelán de corte anarquista e contra o capitalismo".

Non atopamos polo de agora máis información relativa a esta suposta adxudicación do suceso fora do mencionado medio comercial.

C.R.

1 comentario:

  1. Eu xa atopei algunha cousiña máis, maila que todo parte do mesmo espectro falsimediático (ABC, Europapress, El Mundo e demáis papel para limpar o cú). No relativo a medios contrainformativos, non atopei nada, e tampouco o suposto comunicado... Non sei eu que pensar.

    De todos modos, parabéns pola acción a quen queira que se atope detrás.

    ResponderEliminar