11 sept 2012

Carta dende a prisión da que trasladaron a Massimo Passamani


Recibimos e difundimos unha carta dun preso do cárcere de Tolmezzo (Udine), onde foi encerrado Massimo antes de ser trasladado ao módulo de máxima seguridade do cárcere de Alessandria o pasado 1 de setembro.

Esta carta explica o por que do rápido traslado de Massimo a outra prisión e testimonia moi ben os abusos por parte da administración penitenciaria através dos seus funcionarios. Unha vez máis vemos como "este mundo de cemento e ferro, aqui e en todas partes, está concebido para destruir vidas..."



Tolmezzo, 31/08/12
Queridos compañeiros, quen vos escribe é un preso, da prisión de Tolmezzo.
Chámome Maurizio Altieri.

Escríbovos dende unha celda de isolamento, sen perder un intre. Tiven o pracer de coñecer a Massimo que me deu a vosa dirección. Contareivos brevemente a miña historia xa dende a primeira entrada nesta institución "campo de concentración".

Cheguei o 4 de xuño da prisión de Padua, onde denunciei os abusos dos axentes a Radio Cárcel de Riccardo Arena [un programa de información sobre xustiza penal e detencións en radioradicale.it] que vós coñeceredes.
Chegado a este cárcere vivín unha disputa cun sarxento que foi arrogante, prepotente e ameazante.
Así, non espantado das suas ameazas, esixín os meus dereitos.

Acabado o rexistro, rexeitei facer as flexións (proibidas polo regulamento) e fíxome subir á sección de enfermería sen a roupa.
Unha vez cheguei á enfermería, pola mañá, cóntanme que aquí os axentes comezaron a pegar sen nengún motivo. Non foi moi difícil entender que foron todos amedrentados para non tomar represalias.
Así comecei a convencer a algúns presos que foron torturados a escribir as denuncias para non deixar impunes estes tratos inhumanos.

Despois de tres días que estiven na enfermería, e despois de recoller 3 denuncias detalladas coas broncas, os apaleos, os cubos de auga fría, os desnudos, o deixarnos sen colchón,etc., ás 15h chegou un rexistro á celda.
Buscaron as denuncias e atopáronas porque eu estaba escribíndolle a Riccardo Arena. E leváronme a isolamento.
Despois de 6 días chamáronme ao consello de disciplina e denegáronme dous pedaciños de chapa. Protestei e preguntei onde foran as tres denuncias, pero só recibín ameazas como resposta. Así foi como me deron 15 días de isolamento por dous pedaciños de chapa dos que non souben nada.

Dende o isolamento comecei a recopilar denuncias de malos tratos.
Estou a padecer abusos de todo tipo: deixáronme sen roupa, sen cigarrillos, etc. Denunciei todo á Fiscalía de Udine con 18 denuncias por violación do art. 27, etc.
Atópome dende o 7 de xuño en isolamento. Non queren facerme subir ao módulo porque saben que recollería firmas contra a Dirección da Institución.

Aquí para facer coñecer a realidade do que sucede precisariamos dunha manifestación diante do cárcere.

Massimo contouvos tamén o que sucedeu o outro día a un mozo que, por romper algúns mobles da celda como protesta, foi convencido para sair da celda para "solucionar" os problemas polos que entrou en cólera, e en cambio, despois de sair, puxéronlle detrás as esposas e comezaron a golpealo a patadas e paos os axentes vestidos de antidisturbios.
Comezamos a berrar y insultalos, mais xa non soubemos nada máis do que sucedeu, só que ao día seguinte estivo nunha celda sen nada, sen colchón sequera e desnudo.

En tres meses sucederon ducias de torturas, non temos ningún dereito, aquí a dignidade é constantemente pisoteada, trátannos peor que a animais...
Só unha marcha á prisión podería dar forza e ánimo a todos os presos en loita, tamén con folgas de fame, ou con cualquer forma de protesta que interrumpa a ilegalidade que reina xunto á Fiscalía de Udine.

Eu sempre estarei en loita contra os abusos, non pararei ante as suas ameazas. Escribín á Corte Europea dos Dereitos do Home xa que son case tres meses nos cuais me están a reter en isolamento, ainda que sempre atopan excusas para xustificar tres meses de abusos.

Xusto neste momento acaban de avisar a Massimo de que mañá será trasladado. Nós pensamos que foi polo feito de que denunciara xusto onte ao G.I.P. a tortura a un preso. Lóxicamente o xuiz falou coa Dirección que pediu o traslado inmediato.
Sinto de corazón que se vaia Massimo, xa que estabamos a organizar algunhas iniciativas dirixidas a conseguir melloras dentro deste inferno.

Compañeiros, se é posible facer coñecer á opinión pública todo o que sucede nesta prisión, no meu nome e no de todos os presos de Tolmezzo, nunca deixaremos de ter palabras de agradecimento cara todos vós.

Tería muitas outras cousas que relatarvos, todo o que ocorre aquí parece irreal.

Douvos as gracias por todo o que facedes por nós, por non deixar que todo fique dentro destas catro paredes, ocultado, selado polo lexislador.

AXUDÁDENOS A FACER SENTIR AS NOSAS VOCES.
Mándovos un forte apretón de maos, unido a Massimo, Valerio, Jlir, Redovane, todos presos en isolamento.

Atentamente, Maurizio.


PD. Expresamos toda a nosa solidariedade e dor aos parentes e amigos de Stefano, xa que Massimo nos contou toda a historia e non temos palabras para expresarvos todas as nosas condolencias.
Adeus Stefano!

[recibido por email de Circolo Cabana di Rovereto]

No hay comentarios:

Publicar un comentario