12 sept 2012

13-S às 20:00 no CSO Palavea .- Asamblea coruñesa de coordinación fronte á Greve Xeral

Colamos do bloguer Okupacoruña a seguinte convocatoria:

ASAMBLEA DE COORDINACIÓN DE MM.SS. CORUÑESES FRONTE Á VINDEIRA GREVE XERAL.

Tempos de crise, tempos de saqueo, tempos de luita, e polo tanto tempos de unión.

Convócase a tódolos movementos sociais, colectivos interesados, individualidades, persoas fartas, xente con inquedanzas, curiosxs en xeral, indignados, cabreadas, cidadáns e cidadás e todas aquelas persoas que se sintan incluídas en estes o calquera outro adxectivo que defina o sentir xeral dos traballadores, estudantes, paradas, pensionistas e cidadás e cidadáns en xeral que non acatan nin pensan consentir a situación actual de roubo, saqueo e emprego das nosas vidas en prol de conseguir manter un orde social inxusto e que está a caer polo seu propio peso.

Só temos que empurrar un pouco máis!

Propoñemos, dende o CSOA Palavea mais en réxime aberto e de autoconvocatoria, a data do xoves 13 de setembro ás 20:00 da tarde no propio Centro Social, para levar a cabo unha reunión na que se poñan en común as diferentes propostas e sentires, asi coma a a valoración de anteriores accións e o sentir xeral que deixaron as mesmas, valoración tamén dos erros cometidos e mellora dos mesmos, e sobre todo ter un tempo e un espazo para artellar con tempo suficiente o que desexamos facer na nosa cidade, de xeito colectivo, de cara aos difíciles e cruciais tempos que se nos botan enrriba.

Agardamos a vosa asistencia e participación, sempre crítica, sempre positiva.

Saúde e unión!

No hay comentarios:

Publicar un comentario