15 ago 2012

Convite oficial ás reunións de coordinación dos feminismos coruñeses fronte á lei do aborto

Copiamos a seguinte convocatoria da web da okupa coruñesa C.S.O.A. Palavea:

DIVULGUEN!!!

Ante a proposta do actual goberno de modificar a lei do aborto e controlar aínda máis o corpo e vida das mulleres queremos manifestar o noso absouto desacordo e denunciar a limitación de liberdade e vulneración dos dereitos das mulleres para a toma de decisións sobre a súa maternidade.

Dende A Coruña estamos a aunar forzas para realizar diversas accións durante os vindeiros meses e amosar a nosa repulsa a tales medidas.

A primeira saída á rúa está programada para o 31 de Agosto.

Por iso o mércores 22 ás 18.00 estaremos no CSOA Palavea (Rúa río Quintas 31
Xunto a OH! Coruña. próxima a Alcampo – Buses 1A, 20, 22) coordinando e xestionando as diferentes actividades e contidos da mesma. (traballo loxístico)

Tamén estaríamos interesadas en coñecer se estades organizando pola vosa banda algún tipo de evento/concentración/acción en relación co tema.

Estades convidadas a participar e construir entre todas unha acción que dea unha resposta forte contundente para defensa dos nosos dereitos. Contamos con vos!

SI Á VIDA! SI AO ABORTO!

Para mais información visitar o blogue de CSOA Palavea http://okupacorunha.wordpress.com/ , procuren no facebook ou envien email a cafesfeministas@gmail.com

Quedades convidadxs!


No hay comentarios:

Publicar un comentario