27 ago 2012

Actividades no C.S.O.A. Palavea: asambleas varias e concerto de Hip Hop

Tras un parón nas actividades durante o presente mes de agosto, destinado a labores de posta a punto do espazo e ao merecido descanso dos membros da asemblea, o Centro Social Okupado de Palavea retoma preguiceiramente as súas actividades: Ademáis da asamblea da casa de hoxe luns (as 21:00h), este martes 28 ás a 17:00 a okupa acollerá unha nova "asemblea de mulheres do CSOA Palavea" (lembramos que este venres 31 de agosto haberá en Coruña unha "Xornada pública pola defensa dos nosos dereitos a decidir sobre os nosos corpos" -AQUÍ da que informaremos cumpridamente cando saibamos máis dela), mentres que o venres 31 ás 22:00 un concerto de Hip-Hop reunirá aos grupos "VERSO LIBRE" e "AXLUBI-X".

Tímido comezo para as actividades deste prolífico Cento Social, que promete ir completando ao longo de setembro ata retomar o seu frenético ritmo habitual, incorporando ás actividades fixas (agora en parón estival) outras novas, así coma unha infinidade de concertos, talleres, xantadores e demais apetecibles convocatorias.

Aquí podedes acceder ao blog da okupa: http://okupacorunha.wordpress.com que, por certo, atópase na rúa Río de Quintas 31 de A Coruña, na N-550 ao carón da discoteca OH! Coruña.


C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario