26 jul 2012

Sabotaxes a caixeiros en memoria de Carlo Guiuliani (Pontevedra)

Reproducimos íntegramente un texto chegado onte ao noso correo e que, baixo o título "En memoria de Carlo Giuliani, 11 anos despois", veu acompañado pola foto que adxuntamos:

REIVINDICAMOS:

UNHA PEQUENA VINGANZA, INCAPAZ DE COMPARARSE Á DOR QUE SENTIMOS …

Na madrugada do pasado 25 de Xullo de 2012, un pouco tarde, escribimos con spray na fachada dunha oficina de recadación de multas da cidade de Pontevedra “POLICÍA ASASINA – XÉNOVA NON ESQUECE” xunto a unha A circulada. Ademáis, dous caixeiros automáticos foron saboteados atacando a pantalla, primeiro escachada cun martelo e despois rociada con pintura negra para “cegala” e evitar que poida ser utilizada. Estas sabotaxes a caixeiros súmanse ós que xa tiveron lugar últimamente nesta mesma cidade e nos que 4 máis foron escarallados a golpes e por desgracia, xa arranxados (xa nos encargaremos de rompelos de novo).

Queremos dedicar esta pequena mostra de solidaridade e raiba antes de nada ó noso compañeiro Carlo Giuliani, asesinado pola policía italiana no transcurso das batallas que tiveron lugar nas rúas de Xénova o 20 de Xullo de 2001, con motivo da cimeira que o G-8 realizou alá. En segundo lugar, queremos enviar unha aperta e a nosa forza ás e ós compas que foron recentemente condenadas e condenados a varios anos de cadea, pola súa participación nas mesmas protestas nas que Carlo perdeu a vida. A aquelas que xa están no cárcere, ¡ÁNIMO COMPAÑEIRAS! A aquelas que se atopan en paradeiro descoñecido, ¡VOADE LONXE! A aquelas que agardan a resolución do seu recurso, ¡MOITA SORTE!

11 anos despois, ninguén foi condenado por matar a Carlo, ninguén pisou o talego polas torturas da Escola Díaz, ninguén buscou responsabilidades políticas nin xustiza, nin tan sequera nós, porque ben sabemos que é inútil e ademáis, danos noxo a idea de rebaixarnos a xogar no voso taboleiro. A nosa xustiza é seguir en pé de guerra, porque o voso diálogo institucional e a vosa legalidade son o escenario que mantén a paz social que nos afoga baixo a mentira do “benestar”, un decorado que queremos esnaquizar porque nel xa non caben os nosos soños, nin as nosas vidas, esas vidas que estades saqueando impunemente, que reducides a cifras, a ganancias e pérdidas, a mercadoría, e que destruides sen piedade cando deciden plantarvos cara.

Voltaremos atacar, porque estamos entendendo que non hai nada que nos dé máis medo que aquilo que se nos ven enriba se non facemos algo urxentemente por rematar dunha vez con este sistema e co mundo que a súa economía asasina creou para soster os privilexios que simbolizan a miseria do resto. Iso é moito peor que a máis cruel das sentencias.

Temos unha guerra declarada contra o Estado e o Capital, e contra a pasividade, a apatía, o medo e o aburrimento que día a día consumen os nosos corazóns mentras agardamos a que por ciencia infusa chegue o momento axeitado para asaltar o ceo.

Carlo, non te esquecemos, nin ós teus asesinos tampouco.

MORTE Ó ESTADO E Ó CAPITAL!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario