14 jul 2012

Protestas fronte as sedes do P.P. contra os novos recortes sociais

Onte, venres 13, Mariano Rajoy armouse co machete dos recortes para asestarlles os nosos xa de por si escasos dereitos unha nova e salvaxe amputación. Entre as medidas aprobadas atópanse a subida en tres puntos do IVA (que, no xeral, pasa do 18% ao 21%), a reducción da prestación por desempleo (que baixará a partires do sexto més do 60% ao 50% da base reguladora) ou a eliminación da paga extra do nadal para os funcionarios. O goberno tamén anunciou un novo paquete de medidas de pronta aprobación que inclúen, entre outras perlas do liberalismo máis descarnado, a privatización dos transportes ferroviarios, portuarios e aeroportuarios.

A resposta non se fixo esperar nas rúas e onte producíronse concentracións de repulsa diante das sedes "Populares" en cidades de todo o estado, convocadas de xeito máis ou menos espontáneo a través das redes sociais.

As capitales galegas non foron unha excepción, pois se o mércores pasado foi na Coruña onde, aproveitando o remate dunha concentración de apoio os mineiros, máis dunha centena de persoas cortou as rúas fronte a sede do P.P. e increpou aos seus usuarios (nova neste blog AQUÍ e vídeo en Galiza Contrainfo AQUÍ), agora Compostela, Vigo, Lugo e Ourense (ademáis da cidade herculina) participaron tamén da raiba contra esta situación. Foi en Ourense, segundo o recollido pola prensa comercial, onde a protesta cobrou máis virulencia, pois os manifestantes lanzaron ovos e bengalas contra a porta do edificio e prendéronlle lume a bolsas de lixo, o que causou desperfectos no inmoble.

A prensa fala de nove detidos nas protestas de Madrid.

C.R.

Información extraída na súa maioría da prensa comercial.

-Videos das protestas en Coruña e Compostela na páxina de Galiza Contrainfo AQUÍ e AQUÍ.
-Nova relacionada en Diàrio Liberdade AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario