O pasado 26 de Xuño foi o día internacional contra a tortura, así declarado pola O.N.U. nesta absurda manía de poñerlle días a calquera cousa. Pois ben, aínda que tarde, damos conta dos dous actos dos que soubemos nesta redacción para denunciar en Galiza as torturas cotiás deste sistema carcerario (dentro de prisións, comisarias, centros de menores, de detención de migrantes...). Polo que nós sabemos realizáronse polo menos unha concentración fronte aos xulgados de A Coruña e máis outra concentración-Happening na praza do Ferro de Ourense.
A primeira, que congregou a pouco máis dunha ducia de activistas, algúns deles anarquistas e autónomos e outros de "Nais contra a impunidade" ou "PreS.O.S.", transcorreu sen máis incidencia que o desproporcionado despregamento policial; que identificou a todos os participantes vai tí a saber se coa intención de multalos por calquera parvada que se lles poida ocorrer, como vén sendo o procedemento habitual neste tipo de casos por estas terras ultimamente. Tras repartir abundantes panfletos e berrar consignas anticarcerarias e antirrepresivas diante de todo aquel que entrase ou saíse do xulgado (espertando moitas simpatías e no menos enquinas), a concentración rematou ben escoltada e protexida polo continxente policial.
En canto á concentración de Ourense, deixámosvos co relato que dela fan na páxina de ESCULCA (orixinal aquí) que reproducimos a continuación:
O pasado 26 de Xuño, declarado pola ONU Dia Internacional contra a Tortura, celebrouse na Praza do Ferro de Ourense unha concentracion a que asistiron unhas 25 persoas de diversos colectivos, entre eles EsCULcA, que militan contra o exercicio desta práctica infame e ilegal, causa de 280 denuncias en 2011 no estado español segundo o relatorio da CPDT.
A concentración comezou por volta das 20.15 horas e rematou as 21.00 horas. As persoas congregadas repartiron información tirada do Relatório da Coordinadora para a Denuncia e Prevención da Tortura, que confirma a persistencia desta práctica infame e ilegal no Reino de España. As 280 denuncias apresentadas o pasado ano afectaron un total de 853 persoas.
Na concentración lembrouse o elevadisimo número de persoas que morren baixo custodia das forzas de seguridade e Institucions Penitenciarias: 51 no ano 2011, delas 34 en prisión. Catro dos falecementos corresponderon a menores internos en centros oficiais.
Os manifestantes representaron, con medidas auténticas, as durisimas condicions de infraestrutura en que teñen que pasar até 21 horas encerradas por dia as persoas recluidas en celas de isolamento a que se aplica a chamada primeira fase do rexime pechado. O propósito era mostrar ás numerosas persoas que transitan pola praza do Ferro a esas horas, a crueldade do réxime penitenciario español.
Nova redactada por C.R. a través de información chegada ao correo e máis das páxinas xa enlazadas.
6 jul 2012
Actos do día internacional contra a tortura en Galiza
Etiquetas:
abuso forzas da orde,
campañas,
coruña,
Ourense,
prisión,
protesta,
solidariedade
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario