A Mario Antonio L.F. detivérono na madrugada deste martes 26 en Coyoacán, México, tras sufrir queimaduras nos seus brazos, pernas e estomago cando presuntamente lle estoupou o artefacto incendiario que manipulaba. A policía investiga a posible relación de Mario con outra explosión sucedida esa mesma noite nun caixeiro automático das instalacións da Comisión Federal de Electricidade na delegación Tlalpan, tamén no sur da cidade de México. O detido, de 27 anos, quedou ingresado no Hospital General Rubén Leñero.
Poucos días antes, e sen que nós teñamos constancia de ningunha relación co episodio antes mencionado, o "Núcleo de acción revolucionaria por la destrucción del Estado. Células Autónomas de Revolución Inmediata – Praxedis Gilberto Guerrero" atribuíuse mediante un extenso comunicado o envío de senllos paquetes bomba ao embaixador grego en México. Ambos os dous paquetes, compostos de dinamita e metralla, reivindicáronse en solidariedade con anarquistas presos en Grecia.
E xa no terreo da loita social en Grecia, a prensa comercial recolleu profusamente o atentado perpetrado neste país contra a sede de Microsoft, onde varios encapuchados obrigaron a fuxir o porteiro do edificio para, deseguido, prender lume a unha furgoneta chea de bombonas de gas que previamente estacionaron xunto á porta do inmoble.Os asaltantes, armados con pistolas e rifles automáticos, fuxiron deixando tras de si máis de 60.000 euros en danos (segundo as estimacións que a prensa comercial atribúe aos bombeiros).
Artigo elaborado por C.R. con información de diversos medios da prensa comercial e de
"Viva la Anarquía" aquí e aquí.
29 jun 2012
Ferido en México mentres colocaba artefacto explosivo e outras novas da guerra social
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Sobre a represión contra algunhas activistas participantes do "No border Camp" 2012, en Estocolmo, fai un par de semanas.
ResponderEliminarhttp://vozcomoarma.blogspot.com.es/2012/07/sobre-la-represion-contra-el-campamento.html