Informamos da seguinte convocatoria chegada ó noso correo:
Dende o Espazo Aberto Militar volvemos a promover outro ano máis a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares, que este ano centramos na industria militar: "Pola mesma razón que a industria do turismo necesita turistas, a industria armamentística precisa das guerras, dos conflitos e das amenzas á seguridade para colocar os seus produtos; necesita violencia, medo e mortos"
Deste xeito o venres 13 de abril convidamos a que asistades á charla-presentación que leva por título: "Industria militar, un negocio sen crise". Contaremos coa presenza de Jordi Calvo, membro do "Centre d'Estudis per a la Pau JM Delás de Justicia i Pau" (aquí) que presentará o último informe "La banca armada. Inversiones explosivas de bancos y cajas" (aquí) ademais de nos falar do negocio da guerra no estado español.
Ademais o acto servirá para presentar a campaña pola Obxeción Fiscal aos Gastos Militares 2012, pola cal propoñemos desviar unha porcentaxe de cartos na nosa declaración da renda como xeito desobediencia fronte aos gastos militares.
O acto será o venres 13 abril ás 20h00 na Cova dos Ratos (Romil 3 baixo - Vigo)
Mais información en http://nonaogastomilitar.org/sites/nonaogastomilitar.org/files/cartaz_espazo.pdf
10 abr 2012
Charla: "Industria militar, un negocio sen crise", e presentación da campaña de OF 2012 (Vigo)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario