31 mar 2012

Rodrigo Lanza, preso do 4F, en terceiro grao

Temos o pracer de comunicarvos que Rodrigo Lanza accedeu por fín ó terceiro grao penitenciario, durmindo no talego entre semana e pasando o resto de tempo na rúa.
Lembramos pra quen o esquecera que Rodri é un daqueles detidos, alá polo ano 2006, baixo a acusación de deixar en coma a un madeiro nunha liorta fronte a unha casa okupada en Barcelona. Malia que tódalas probas e testimonios (non policiais) sinalaban a que a lesión do policía produciuse por unha maceta que alguén lanzou dende unha fiestra da okupa, tres persoas que atopábanse nas rúas foron acusadas do suceso e sufriron severas torturas na comisaría.Aínda que Amnistía Internacional denunciou o caso, todos acabaron cumprindo condea no cárcere e unha delas, Patricia Heras, rematou por suicidarse.
Deixamos aquí unha recente entrevista con Rodrigo Lanza que nós sacamos de "Rojo y Negro" (aquí):


Máis cousas sobre o caso neste blog: Aquí, aquí, aquí e aquí.
Blog pola liberdade de Rodri: Aquí

C.R.

1 comentario:

  1. http://arainfo.org/2012/04/el-fiscal-recurre-el-tercer-grado-de-rodrigo-lanza/

    Fiscal recurre o terceiro grao concedido a Rodrigo Lanza...

    ResponderEliminar