Compas ovetenses falarán da traxectoria e historia da RadioQK e da problemática actual à que se enfrontan os medios libres de difusión e contrainformación nas ondas asturianas. O venres às 19h no CSO Palavea (A Coruña) e o sábado 10 às 20h na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" (Compostela)
Tras case 30 anos de emisión ininterrumpida, unha das radios lbres máis veteranas do estado, enfrontase a problemas xudiciais que poderían sinificar o seu feche. O 9 de novembro de 2011 a comunidade de propietarios do edificio onde atopase ubicada a Radio QK, recebeu unha carta da "Jefatura Provincial de Inspección de Telecomunicaciones" na que se lles notificaba a existencia no tellado dun centro emisor en FM (antena) sen autorización e ameazalles con una sanción de ata 500.000 € en caso de non identificar ao propietario da mesma.
Situaciones similares viviron as outras radios libres de Asturies: Radio Sele , Radio Nava e Radio Kras.
Máis información sobre a persecución às que están sendo sometidas as radios libres asturianas por parte da "Jefatura Técnica de Telecomunicaciones" en Asturies neste enlace de radio QK
9 mar 2012
Palestras sobre a situación das radios libres asturianas por membros de radio QK (Uvieu)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario