18 oct 2011

O terceiro número da revista abordaxe. Por fin en versión para descargar!!


Despois dun mes en que saiu impresa a terceira revista Abordaxe! e de que ande rulando por diferentes lugares do territorio galego, por fin está disponible para descargar, xunto cos dous números anteriores, pinchando no seguinte enlace: http://sites.google.com/site/abordaxerevista/
Agora, co novo formato da portada-contraportada, alonxámonos da nosa extravagante cartulina, que non por iso menos encantadora, e facilitamos a tarefa de que sexa máis fácil que rule esta ferramenta, creada precisamente para contribuir á reflexión e ao debate sociais dende as mil e unha ópticas que van xurdindo dentro deste noso entorno anarquista...

[Extraído de grupo público do facebook Presos a la Calle]
Desexamos que atopedes interesantes os artigos e animámosvos a opinar e fomentar o debate dunha maneira crítica e construtiva.

Xa sabedes, contactade en abordaxe@gmail.com

Axúdanos a difundila!!!

7 comentarios:

  1. ¿Que periodicidade ten a revista?
    ¿Cales son os seus puntos de venda?
    ¿Canta tirada facedes?
    ¿So pode descargarse no voso blog?
    Paréceme unha información básica para que a xente poida adquirila e difundila.

    ResponderEliminar
  2. Non ten unha periodicidade regular, mais ou menos, polo momento, é anual.

    É gratuita, non hai puntos de venda... E pódese atopar nalguns centros sociais de Galiza, mais non podemos confirmar os lugares exactos, xa que dende os seus comezos, o que se pretende é que as diferentes individualidades que participamos nela, de diferentes puntos do territorio galego, distribuimos a publicación segundo o criterio de cada unha, ademais de outrxs compas que nos axudan a que a revista rule... Realmente non se hai o coñecimento exacto de ata onde pode chegar a revista... É unha revista, pra muitxs de fora do "gueto".

    Tirada? Pois dependendo dos cartos que teñamos... Esta vez, por se te interesaa información, houbo unha primeira tirada de 700 exemplares...

    Descarga? Si, so neste blog, que se saiba. Pero para nada é a intención. Quen queira incluila na sua web/blog/facebook/etc... para que a xente lle bote unha ollada ou a descargue directamente pode facelo cando queira, e por nós millor. É do que se trata, de que se difunda o máximo posible. Mais, polo momento, ninguen comunicou que fora colgara noutros lados.

    Desculpa por non incluir esta información. Eu, persoalmente, teño outra opinión. Non me parece tan básica para difundila como sí pode ser o seu propio contido... Para opinións, colores, xa se sabe...

    Fdo: a que colgou a noticia.

    ResponderEliminar
  3. É gratuita, mais agradécense aportacións...

    ResponderEliminar
  4. obrigado pola info! ;)

    ResponderEliminar
  5. Difundida =)

    Saúdos e parabéns unha vez mais polo traballo.

    ResponderEliminar
  6. Excelente número, bos textos de opinión, boas cronoloxías. A única pega que poño é que a diferenciación das tipografías e a distribución das masas de texto parécenme moi caóticas. Tamén estaría ben unha periodicidade, aínda que fose bianual, ou incluso anual.

    bo traballo, graciñas.

    ResponderEliminar