19 sept 2011

Rematan os Encontros Anarquistas do Noroeste

Máis dunha ducia de colectivos, grupos e proxectos libertarios, así como moita xente de pensamento ácrata a título individual, déronse cita na coruñesa okupa de Palavea o pasado fin de semana nos "Encontros Anarquistas do Noroeste".
Aínda que con algunhas ausencias entre os grupos convidados, os debates superaron ampliamente as cincuenta persoas nos seus momentos álxidos. Durante os tres días nos que desenvolvéronse as asembleas pasarían pola okupa preto dunha centena de libertarios.
A positiva acollida dos encontros e a boa marcha dos seus debates fixeron que non remataran os mesmos sen a decisión unánime de repetir en breve prazo a experiencia para continuar co que aquí comezamos.
A sensación xeral ó remate do evento foi moi satisfactoria e a organización horizontal e asemblearia amosou unha vez máis os excelentes resultados da práctica autoxestionaria.
Toda a recaudación obtida no transcurso de tan libertario e fraternal fin de semana destinaráse a fins antirrepresivos e solidarios cos anarquistas represaliados.

Saúde, Anarquía e deica outra!

4 comentarios:

  1. Debatir sempre e moi satisfatorio, sobre todo se chegades a algunha conclusión ou proposta común. Pero polo que vexo "nanai de la China"

    ResponderEliminar
  2. e porque pensas ti que habemos de compartir as conclusións ou propostas comúns polo internete?

    ResponderEliminar
  3. pois se non compartides nen iso, millor non digades nada

    ResponderEliminar
  4. Seica hai xente que ainda non entendeu por que nas asambleas dos encontros se deixaron os teléfonos móviles fora da sala ou se apagaron e se lles quitou a batería.

    Discrección?, pra que!, hai que contar todo, todo e todo que xs nosxs amigxs das FSE (alén da xente expectante de espectáculo) han de estar impacientes por ler.

    ResponderEliminar