20 sept 2011

A nova Memoria da Fiscalía analiza a actividade do “Anarquismo Insurreccionalista” e do “Independentismo Radical” en Galiza

A última “Memoría de la Fiscalía General del Estado” datada como do 2011, aínda que correspondente ó acaecido durante o ano 2010, analiza as actuacións do que eles califican como “Anarquismo Insurreccionalista” en España, así como as do “Independentismo Radical” que sucederon en Galiza.
Aínda que de forma moito máis escueta e imprecisa que en anos pasados,a Memoria analiza brevemente os atentados anarquistas no estado, afirmando que sempre sucederon en resposta ós golpes represivos (aquí ou no mundo enteiro), e que o seu futuro incremento ou disminución dependerá exclusivamente deste factor.
Contabilizan únicamente cinco accións destas características, unha delas en Santiago de Compostela. Nembargantes é sorprendente que hai escasos días detiveran a un compañeiro anarquista en Madrid acusado de máis de trinta ataques sucedidos entre o 2009 e o 2011 e que ningún deles se vexa reflectido nas páxinas desta memoria, por poñer un exemplo de accións supostamente sucedidas nese período no estado español e que o texto ignora.

No eido do “Independentismo Radical” contabilizan cinco accións que eles relacionan con “Resistencia Galega”, a cal consideran a herdeira do “Exercito Guerrilleiro do Povo Galego Ceive”. Tamén relacionan de xeito explícito a súa canteira coa “Assembleia da Mocidade Independentista”. Por último afirman que o edurecemento do Código Penal operará un cambio xurídico e penal no tratamento dos sucesos desta índole.

Enlace á Memoria da Fiscalía 2011 - Aquí
Enlace a nova da memoria da Fiscalía 2010 neste mesmo blog - Aquí

1 comentario:

  1. Se o Poder xudicial e un dos piares do Estado a Fiscalia, directamente dependente do governo, e o seu brazo executor.

    ResponderEliminar