25 sept 2011

O indomable Manoliño


Un veciño de A Rúa acampa na casa do concello en defensa dos seus direitos, e contra o acoso policial.
Tras nove anos reclamando xustiza, facendo folgas de fame e protagonizando algún que outro altercado coas forzas da orde, Manuel Praga Rodriguez alias “O Melillas”, ”Trenchas” ou Manoliño, acampou fai catro días na porta do concello pola solución do contencioso que leva mantendo coa Guardia Civil durante todos estes anos.
Nestes anos a Guardia Civil detivo innumerables veces a este veciño, que non pasa desapercibido neste pequeno povo. Durante as detencións, tanto no 2002 coma no 2004 e 2005, foi torturado e agredido brutalmente por personaxes escuras das forzas da orde da policía xudicial.
Lonxe de desistir na súa actitude rebelde, Manoliño insistiu sempre en denunciar aos tortudadores. Por este motivo, a Guardia Civil non deixou de presentar denuncias increibles contra él, denunciándo-o por atentado contra a autoridade a un home impedido físicamente e en estado de indefensión total (enfermo de VIH, e con dúas embolias cerebrais).
O que sí que é certo é que “O Melillas” non fica calado cando o veñen a buscar os torturadores, non lles ten medo e chámalles polo seu nome.
Durante estes anos acumulou unha morea de ingresos no hospital con distintos partes de lesións; polas agresións sufridas con paos e electrodos, nalgúns casos cercanas á morte, costelas rotas, lesións cervicais, pérdida de movilidade…
En varias ocasións foi atentido pola doutora Diaz, no hospital de Ourense, onde se lle fixeron resonancias e partes que atestiguan estes golpes; sempre arquivados e nunca solicitados polos xuizes.
Manolo non pensa rendirse ate que se resolva esta situación e sexan investigados os culpables que, coma sempre de momento, fican impunes e amparados polos xuices, cómplices desta situación, coma o xuíz Valeriano Palomino Lozano, soporte desta lacra de mercenarios.
Estes homes lonxe de desistir na súa actitude siguen ammeazando de morte e acosándo-o neste último ano. Entre eles xa son coñecidos na comarca, “Fernandito o do estanco” e “O Mariñas” dous clásicos picoletos, ociosos e psicopáticos.
Coma se dunha telenovela se tratara a asistenta social ao que Manuel ten dereito dende marzo de 2003 (tras as primeiras detencións foi declarado inválido nun 75%), Ana “A Dentuda”, felizmente casada cun guardia civil, negoulle tódolos seus dereitos e fixo o posible para que non puidera recibir a súa medicación, nin chamar a ambulancia ademais de non prestar axuda nos xuizos contra a Guardia Civil aos que tiña que presentarse.
Ante esta situación a única saída para el foi parapetarse na casa do concello cun fouciño e reclamar unha solución.
O que recibiu foron máis torturas da guardia civil.
Ante os constantes abusos da guardia civil, que sufrimos todos, a poboación consciente de moitos deles prefire ollar para outro lado consciente do poder que teñen.
Dende aquí apelamos á solidariedade con este home que se enfrenta a eles valentemente.



Unhxs individualidades que pasaban
pola comarca de Valdeorras

1 comentario:

  1. Abraiante historia sen dúbida, coma sempre xs cans/cadelas do poder dando de que falar. Escoria...

    ResponderEliminar