24 ago 2011

Actividades no C.S.A La madriguera del oso pardo (Ponferrada)

Chegan ó noso correo convocatorias para vindeiras actividades no centro social berciano.
En primeiro lugar o evento Bicicrítica Ponferrada, que terá lugar tódolos primeiros martes do mes, ten a súa próxima cita o día 6 de setembro e partirá do CSA situado na rúa Mejico nº2 (detrás de correos) ás 19:30h. Aquí tendes o cartaz:

O día 10 de Setembro a partires das 20:00h celebraráse un concerto coa participación dos grupos de hip-hop ponferradinos Urban Essence, DJ Gavela, F.R.D e North Squad. A noite rematará cunha sesión de reagee & ska a cargo do coruñes DJ Ska-M. Cartaz:



Noutra orde de cousas,máis tamén no Bierzo, outro correo chegado o noso blog informanos sobre a vindeira acampada "SOS Laciana, en defensa de la tierra". Para saber máis pinchade aquí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario