29 jun 2011

Batalla campal na praza Tahrir (El Cairo) en protesto contra os vestixios do antigo réxime de Mubarak (actualizado)


Polo menos 600 feridos nos enfrontamentos coa polícia na praza Tahrir. Parece que os disturbios estouparon nunha homenaxe ás vítimas da represión policial durante a caída do réxime de Mubarak e a lentitude coa que se está xulgando ós responsables das matanzas.
________________________________________________________

30-06-2011
Os dous días de disturbios na cidade exípcia do Cairo saldáronse, polo de agora, con 1114 feridos, 41 deles policías. A día de hoxe seguen hospitalizados un civil cunha ferida de bala e un policía con conmoción cerebral.
Dos 34 sospeitosos detidos polos disturbios un sería cidadán britanico e outro estadounidense.
Agora a situación semella máis calma aínda que 2000 persoas permanecen concentradas na praza Tahrir, onde os manifestantes bloquearon as entradas con barricadas.




Información extraída da prensa comercial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario