17 may 2011

Incidentes nas protestas do 15M en Madrid e Compostela

Miles de persoas saíron o domingo ás rúas de todo o estado tras das ambiguas e difusas consignas de “Democracia real xa!”.
Na cidade de Madrid a movilización rebasou as consignas “pacíficas” dos organizadores rematando en enfrontamentos coas forzas da orde, entre cargas e barricadas, cun saldo de 24 detidos. Na Galiza foi en Santiago de Compostela o único lugar onde a protesta trascendeu do folclore habitual coa rotura de vidros dun banco BBVA e do periódico clerical “El correo gallego”; actos estes que, coma non podía ser doutro xeito, condenaron enérxicamente os autoerixidos lídereres das protestas así coma os demais condenadores habituais de violencias.
Según recolle o periódico atacado “ entre catro e cinco individuos cos seus rostros cobertos atacaron as fachadas de varias entidades financieiras e a sede de EL CORREO GALLEGO, onde escacharon a cristaleira blindada e, tras tentar esnaquizar a porta de entrada, conseguiron introducirse no hall onde lanzaron un bote de fume e varios petardos, que ocasionaron danos no espazo de arte, antes de sair fuxindo cara a cabeceira da manifestación, no medio de gritos de repulsa”.
Tamén afirma o voceiro eclesiástico que moitos dos manifestantes pediron disculpas ós empregados do periódico e ofreceron descripcións e incluso fotos e grabacións dos atacantes á policía. Esta actitude chivata e rastreira tería o seu culmen na delación por parte dunha manifestante dun suposto participante na acción, xa na praza de cervantes, onde o rapaz foi identificado polos madeiros, sempre según a bochornosa información aparecida en tan infausto medio comercial.
En Madrid, onde a manifestación rebasou os 20.000 participantes ,os incidentes sucederon ó remate da mesma, cando un nutrido grupo de persoas, encabezadas polo bloque libertario, decidiu continuar mais aló da praza de Sol e enfilar cara a Gran Via. Alí interceptáronos os antidisturbios e alí comezaron as cargas. Un grupo dunhas catrocentas persoas, moitos deles encarapuchados, conseguiron chegar á céntrica arteria madrileña cruzando contentores ó seu paso e atacando os coches patrulla; a partir dese intre os manifestantes dispersáronse entre cargas, disparos de bolas de goma e detencións, moitas delas absolutamente arbitrárias. A protesta saldouse con 24 procesados que pasaron duas noites en comisaría.(Relato dun dos detidos -aquí)
O intento de formar un campamento na praza de Sol ata pasadas as eleccións, que comezou esa mesma noite, foi interrumpido na noite do luns por un violento desaloxo policial, ó que motivou a creación de novos campamentos en moitas cidades españolas, varios aquí en Galiza.
Veremos onde remata esta “indignación” popular, que polo de agora moveuse nos estreitos marxes do políticamente correcto e democráticamente recuperable. Non lle faltan pretendentes a tan suculenta peza e son moitos os partidos que pretenden pescar no río revolto. A absurda petición ós políticos de que sexan bos, impregnada da mansedumbre cidadanista que pretende pedirlle as institucións que resolvan os nosos problemas no canto de promover a autoorganización e a autoxestión, parece, ademáis, impregnada de obscuros intereses. Diso trata un recente artigo aparecido en “Kaosenlared” (-aquí)no que aseguran que varias das organizacións detras das convocatorias de “Democracia real xa” están impregnadas da ideoloxía anarcocapitalista, pouco coñecida por estas terras pero asociada ós “neocons” e ó “Tea Party” da ala dereita do partido republicano estadounidense e promulgadores dunha sorte de capitalismo salvaxe sen estado que o regule.
Sexa como sexa, a indignación da xente é un feito natural (e moi desexable) nos tempos que corren, e a laboura de calquera revolucionario debería consistir en fomentalo, impedindo que caia nos inocuos camiños da recuperación institucional polos que tanto o poder coma os seus falsos oponentes pretenden conducila. Pero non podemos esquecer que iso é ardua tarefa, pois a xente que xamáis participou de protesta algunha costaralle entender que os medios que oferta o sistema para disentir son inocuos e estériles, por iso os ofrece. Será difícil facersello comprender, esperemos que non o entendan demasiado tarde.




6 comentarios:

  1. Desde Mad.R.I.P bikazos pa txs!
    esta claro que no nos vamos a quedar fuera y ahí estamos.

    REVOLUCIÓN

    esta es la web que coordina las cosas
    http://madrid.tomalaplaza.net/

    ResponderEliminar
  2. ¡Por Santiago temos moito choio! A ver que nos depara o futuro, estamos atentos. Por certo, eran 5 e unha era rapaza XD

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  3. Algo se passa: Em todos os falsimédios nom param de falar do 15M, em todos há parabéns e até os mais reaçonários dam-lhe corda. Quando os vozeiros dos capitalistas falam bem dos seus supostos detractores, é que algo falha nesse movimento (ou melhor acampamento) pacífico ou algo vai moi bem para os intereses dos culpáveis da situaçom. Será que prefirem jipis flautas pacifistas delatores a qualquera luita??

    ResponderEliminar
  4. Como vós non conseguides unha merda coas vosas loitas, ben pensadas e cheas de boas intencións para o conxunto do pobo, encántavos foder as iniciativas doutras persoas e aproveitar a máis mínima oportunidade para boikotear aquilo que non coñecedes.
    Aquí unha anarquista, pero nada a ver cas opinións dos iluminados que aquí escreben.
    Saúde, falta vos fai.

    ResponderEliminar
  5. Por certo, moi valentes eses "5 e unha era rapaza" ca cariña ben tapada, non vaia ser que a súa mamá os vexa e queden sen paga pa porros.

    ResponderEliminar
  6. A veces alucino con las chorreces que tanto ver la televisión os han metido en la cabeza a algunos descerebrados bienpensantes que no paráis de repetir por vuestra boca lo que dicen en el telediario y en las tertulias de la tele ¿que tontería es eso de llamar irónicamente "valientes" a la gente por taparse la cara cuando hacen algo ilegal? ¿acaso los programas de la Belen Esteban os han freído el cerebro? Es que el hecho de no tapársela sería de tontos del puto culo y, por cierto, puedes estar de acuerdo con la acción o no, pero hace falta mucho más valor para hacer eso que para ponerte a protestar de la forma establecida, con el beneplácito de políticos y medios de información,, mientras la tele poco menos que llama a la participación en las protestas. ¿Donde estabais todo el resto del tiempo? porque la crisis lleva más de tres años, el capitalismo fue una mierda siempre y los políticos no son peores ahora que nunca, y no digo que tuvierais que ir a manis anarquistas digo QUE NO HACÍAIS NADA hasta que se vio amenazada vuestra capacidad de consumo desmedido.
    Por cierto que bienvenidos a la lucha, ya espabilareis.
    P.D- En Madrid, donde yo estuve el 15 M, sin la participación del bloque libertario y autónomo igual no se hubiera hecho la acampada, acampada que fue el detonante de todo el resto de clónicas reproducciones.
    Pero lo dicho, me alegra el veros a todos protestando, más vale tarde que nunca... aunque algunos andeis un poco perdidos.

    ResponderEliminar