10 may 2011

Directiva europea limita a venda de Herbas medicinais

Este primeiro de maio non foi únicamente a data na que quedou patente a desmovilización xeral da clase traballadora, nen sequera o día no que o papa máis reaccionario deu (inda que morto) o seu primeiro paso cara a santidade; pois unha nova directiva europea que regulará ainda máis as nosas reguladísimas vidas entrou en vigor dende ese momento. Co gallo de "protexer ós usuarios de efectos secundarios perxudiciais" as institucións europeas regulan e limitan drásticamente a venda de remedios naturais e herbas de uso medicinal.
Deste xeito, que beneficia únicamente ás multinacionais e farmaceuticas en perxuizo de usuarios e pequenos productores, soamente os productos que demostren un uso continuado durante máis de 30 anos e que pasen 46 analisis clínicos e de laboratorio cun custo superior ós 100.000 euros poderán ser comercializados. Obviamente estas medidas deixan a producción de herbas naturais en mans da industria e do capital, o que, en última instancia, era o obxectivo da regulación.
O tratamento que os medios informativos empresariais déronlle a noticia é, coma podedes imaxinar, practicamente inexistente.
Curiosamente estas medidas, supostamente en beneficio e protección dos usuarios, entran en vigor pouco despois de que esa mesma Unión Europea, que tantos desvelos tómase pola nosa protección, triplicase a radiación permitida nos alimentos. Pero claro, cando se trata de relacións comerciais cos nosos socios xaponeses a saúde dos cidadans queda relegada ós intereses macroeconómicos; temos que dar saída ós produtos radioactivos de Fukushima. O despropósito chega a tal punto que Europa rebaixou a súa normativa sobre radiación nos productos alimentarios máis aló do que o fixeron os propios xaponeses.
Pero iso si, nada de herbas medicinais, que non son seguras para a nosa saúde.

Máis info sobre a Directiva europea: aquí, aquí, aquí e aquí

Máis info sobre as tasas de radiación permitidas nos alimentos na UE: aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario