1 oct 2010

Porno en galego - a merda en galego non me sabe mellor


Publicamos este texto achegado ó noso correo sobre o filme "O Divino Ferrete" que di así:

Magnífica aventura dxs abandeiradxs das licencias libres, agora suscritxs ao partido da falocracia "en galego".

Doutrina sexual, pura ideoloxía que non é máis que un regodeo nos nosos propios complexos e inseguridades, e que como produto de difusión masiva contribúe a mantelos. Espectáculo, representación que nos alonxa da realidade. Iso si, "copyleft" e "en galego".

Ven de saír o guión dunha próxima producción de cine "X" en galego. Da entrevista en Galicia Hoxe a un dos artífices do proxecto lemos: "O achegamento a un porno non sexista ou, o que é o mesmo, a fuxida do falocentrismo, non pasa por evitar unha exaculación na cara de actriz, ou non necesariamente, senón por estabelecer un vínculo claro entre esa exaculación e as apetencias sexuais da rapaza, non do iberismo cavernícola do tipo. (...) A liberación sexual, e esta é a miña opinión persoal, vai en función da capacidade para decidir por un ou unha mesma, e non en función de que decisións se tomen, pois non hai unhas posicións ou actitudes boas e outras malas. Á brava: unha muller non é máis libre por rexeitar mil pretendentes ca por facer dous bukkakes semanais. Nin por facer un gangbang diario, nin por lamber esperma colectivo do chan, nin por penetrar un feixe de homes e mulleres cun arnés con forma de pene, nin por ser sodomizada atada a catro patas..."

A liberdade sexual está na prática diaria. Está claro que cada quen pode facer o que queira, pero isto é moi diferente de facer un filme que prestixia todos eses actos de sumisión feminina. E unha ollada ao guión basta para ver que non hai un afastamento real do discurso pornográfico predominante.

Mediante produtos de consumo (por moi gratuitos que sexan) só se afasta o que debería ser directamente vivido nunha representación; solidificando así os nosos complexos, manténdonos atadxs. Un acto máis que, disfrazado de ousadía, de acto de rebeldía, recupera o discursos da liberdade sexual, da defensa do galego, e do copyleft para a ideoloxía do sistema.

Desactivación democrática do que podían ser motores de transformación radical.

-O porno como "ousadía", atrevimento, entrada no terreo do politicamente incorrecto que tanto excita a quen nunca poderá entrar de facto nese terreo. Suposta agresión á moral que non é tal, posto que o porno nada feliz na moral predominante actual de traballo-consumo-drogas-internet.

-O galego como distinción de mercado para un público selecto e culto con certa preocupación social.

-A gratuidade como nova forma das "aventuras" do mercado. Abrindo brecha no mercado audiovisual galego?

Xs recuperadorxs SON o poder, porque non fan máis que adaptar este ás condicións cambiantes do "progreso", facendo que sexa cada vez máis difícil sinalar e atacar aquilo que nos subxuga.

Veña, xa só nos queda unha policía galega, un DNI galego e podemos rematar a Revolución.

Coca Cola vasca
Policía vasca
Culebrones vascos
El planeta vasco

La mierda en euskera
No me sabe mejor

Lehendakaris Muertos, "Dni vasco"

No hay comentarios:

Publicar un comentario