1 mar 2010

Comunicado dende Italia, a raíz dunha operación policial represiva contra compañeirxs de Torino


OPERACIÓN POLICIAL CONTRA O ANTI RACISMO E A SOLIDARIEDADE.
A mañá do 23 de febreiro a brigada de información de Torino, baixo a orde do fiscal Padalino, efectuou ducias de rexistros na cidade e noutras localidades do norte de Italia. Seis compañeir@s foron detidos (tres no cárcere e tres en detención domiciliaria) e outras ducias de compañeir@s viron irromper nas súas casas durante a madrugada a axentes de uniforme que se levaron ordenadores, teléfonos, panfletos e caixas con material.


A acusación que está na base desta megaoperación da policía é, como sempre, un delito de asociación, que permite así as detencións e as obrigas preventivas d@s compañeir@s acusados de nada máis que da súa actividade anti racista!
Xusto así, por que lendo os mesmos autos da investigación, os delitos que se lles imputan non son nada máis que iniciativas públicas (concentracións, accións na rúa, repartir flyers...) que nos últimos meses intentaron romper o silencio arredor da explosión racista e do delirio securitario que están transfigurando a cara das nosas cidades.
Para quen aínda non se informou, en efecto, nas nosas cidades existen campos de concentración, nos que se encerran homes e mulleres cuxo único delito é o lograr escapar das súas terras sen afogarse no Mediterráneo como centenares das súas irman@s.
Esta operación da policía non é máis que un intentode facer calar a quen non está resignado ao medo, a quen aínda ten a coraxe de practicar a solidariedade entre explotados e de berrar, coa cabeza ben alta, en pleno silencio...
Non é casualidade, entón, que na mesma mañá a policía entrara tamén nos locais de Radio Black Out, a única radio libre de Torino, dende a cual adoitaban falar moitos dos anti racistas detidos e que nos últimos meses en especial, deuse voz a moitas batallas que, a pesar de todo, molestan á pasividade torinesa, dende os inmigrantes aos estudantes, dende os traballadores aos notav.
CERTO QUE NON SERÁ UN MISERABLE FISCAL E A SUA PANDILLA QUEN PARARÁ A SOLIDARIEDADE, O ANTI RACISMO E O DESEXO DE COMBATE....

Anti racistas sen patria


...

No hay comentarios:

Publicar un comentario