Este fin de semana nos chegaban varias novas provintes de Indonesia onde o pasado Martes, 23 de febreiro, centos de civíse muitxs anarquistas, atacaron á policía antidisturbios durante o desaloxo de terras en Padang Raia, Makassar, Sulawesi do Sur.
A determinación e a furia dos habitantes da vila obrigaron á policía a retirarse e a abortar unha vez máis a orde xudicial de desaloxo interposta polo Tribunal do Distrito. Este conflicto empezaba no ano 2003, cuando as autoridades locais xa estiveron tratando de desaloxar aos residentes dunha área de 4,900 m².
Esta semana, cockteles molotov, paus e pedras foron usados para deter a operación militar, á que asistiron arredor de 400 policías. A policía respondeu á resistencia popular con gases lacrimóxenos.
E algunhas bombas dirixidas contra os civís por sorte regresaron á policía.
Nos enfrontamentos nunha persoa sufriu lesións na man e Algúns oficiais quedaron coas súas roupas e armaduras queimadas.
As rúas próximas á terra ocupada polos residentes estaban bloqueadas con barricadas feitas de paus, pedras, táboas, barrís e neumáticos. Así que parece que a loita contra o desaloxo continúa.
Moito ánimo dende akí!!
1 mar 2010
ANARQUISTAS E CIDADÁNS ATACARON Á POLICÍA ANTIDISTURBIOS EN SULAWESI, INDONESIA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario