Os nosos "reporteiros" atoparon algunha desas fontes das que adxuntamos fotos. Tamén puideron comprobar que nalgunhas pontes da cidade penduraban faixas con consignas relativas a dita campaña.
A continuación reproducimos o comunicado publicado no CMI Galiza:
Varias fontes da cidade da Coruña amaneceron hoxe, día 1 de marzo, tinguidas de vermello en solidariedade cos máis de 50 presxs en loita contra as torturas e os malos tratos nas cadeas do estado español. Xunto a elas puxemos "CÁRCERE=TORTURA" para romper os muros de impunidade que gardan estes modernos centros de exterminio encuberto, e que invisibilizan o constante abuso de autoridade.
Xa que eles alonxan os cárceres alá onde ninguén poida velos, nos achegaremos o sangue dxs presxs ata onde salpique ás limpas conciencias dxs cidadáns.
Anarquistas contra as cadeas.
Leer más...