Segundo informa o portal SermosGaliza, condenan a un total de 11 anos e 5 meses a 6 das 11 persoas acusadas no xuízo e absolve as outras 5 encausadas. As encausadas xa anunciaron que recorrerán o fallo xudicial.
No proceso coñecido como #8f45anos, e polo que se xulgaban os incidentes decorridos en Compostela en 2009 co gallo da convocatoria dunha manifestación de Galicia Bilingüe contra "la imposición del gallego". Cinco das acusadas foron absolvidas de todos os cargos: Alexandre R., Roberto R., Abraham P., Roberto C. e Antonio F; entanto contempla unha pena que implicaría o ingreso en prisión dun dos encausados, Bernardo M, condenado a 1 ano e 9 meses por un delito de desordes públicas e a 2 anos e 6 meses por outro de atentado. Foi absolto dun delito de danos e lesións a axente.
O fallo impón a Alejandro B e Narciso V. 1 ano a cada un por un delito de desordes públicas. Ambos os dous foron absoltos dun delito de atentado á autoridade. Aurelio L. foi condenado a 1 ano e 9 meses pore atentado á autoridade. Polas mesmas causas e coa mesma condena está Joam P. e Xiana R. Estas tres persoas foron absoltas do cargo de desordes públicas.
Desde a defensa destacan que se conseguiu absolver a todas as persoas acusadas da multa de responsabilidade civil, 34.000 euros que exixía a acusación. A petición da acusación para estas 11 persoas no xuízo que decorreu en xuño era de 45 anos de prisión.
Recurso perante a Audiencia Provincial
A defensa confirmou que a sentenza será recorrida perante a Audiencia Provincial en base a tres requisitos principais: a nulidade dos vídeos que serviron para condenar os acusados, que os delitos de atentado son individualizados polo que é mester identificar a persoa ou persoas que supostamente o sofreron (“o que non se fixo”). E, por último, que se aplique o atenuante por dilacións indebidas do proceso, posto que os feitos a xulgar aconteceron en 2009. “De se admitir esta cuestión, suporía a rebaixa de todas as penas en 2 graos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario