13 ago 2014

Sergio Roel, compa preso en Teixeiro, opina tambén sobre Tamara


Colamos e traducimos do Tokata (dicer que Sergio, ao igual que os demais presos que opinaron, receberan no seu día o boletín Tokata en papel, onde se falaba do parecer das persoas que levan este boletín ao respeito da publicación en ContraInfo (es) dun covarde artigo anónimo tildando a Tamara de chivata):

Saúde e anarquía, A!

Diríxome a ti porque o teu nome é o que aparece no remite da carta na cal recibín a publicación, Tokata, pero en realidade quero agradecer a todas as persoas involucradas nesta publicación, a vosa solidariedade e empatía coas persoas privadas de estar na rúa. Eu, persoalmente teño moito que agradecer ás persoas dos grupos de apoio da rúa, empecei na campaña CARCERE=TORTURA a principios do 2012, grazas a "El Cuervo", levo toda a condena en 2º grao e nunca sufrín agresións físicas, acabo de ler o artigo sobre as calumnias á compañeira Tamara e gustaríame que publicásedes o que a continuación escribo entre comiñas:

"Chámome Sergio Roel Barreiro, estou nun modulo de "respeito" e me están estudando un permiso, iso convérteme nun chivato? Quero dicirlle ao despoxo humano que tras a covardía do anonimato calumnia vilmente á compañeira Tamara, que o 1-1-16 saio pola porta de Teixeiro, o invito a que me diga na miña cara que eu, ou calqueira compañeirx somos chivatxs, esa acusación é aberrante, aínda que eu non coñezo a Tamara non dubido da súa honradez e dignidade e a felicito por saír do talego; non obstante se tiven a oportunidade de coñecer a Gavioto no modulo 4 de Teixeiro e de quen só podo destacar a súa solidariedade, a súa xenerosidade e a súa valentía, Gavioto, irmán, nin esquecemos nin perdoamos, serás vingado, quero aproveitar estas letras para mandar ánimo e moita forza a "El Cuervo". Cuervo, o teu amigo "El Punky" non che esquece, seguimos na brecha compañeiro, saúde, sorte e liberdade, se podes volver a fuxirte, non o dubides, sempre admirei a túa iniciativa para estas cuestións.

Pois o dito, creo firmemente que quen calumniou á compañeira Tamara ten claros sintomas de falta de chumbo na cabeza, fáltanlle 2 ou 3 cargadores do 9 no cerebro. Parabéns Tamara, goza da túa liberdade, ninguén que coñeza a loita anticarceraria dúbida da túa honradez, ánimo, sorte e saúde compañeira"
.

Bo A, se quereis publicar estas humildes letras facédeo pero sobre todo quero que Tamara saiba que nin sequera xs que non a coñecemos dubidamos da súa honradez, me gustaria ver a quen a calumniou e arrancarlle a pel a tiras, pois, como xa saberás, esa acusación é o insulto e desprezo mais grande que se pode dirixir a unha presa loitadora.

Me gustaria seguir recibindo o Tokata, non dubides de que vai a rular por aquí como rulou toda a contra información que recibín (e non foi interceptada pola subdirección de seguridade) nestes anos, sen máis, grazas por ser os que sodes, moitas gracies chiqué (se que o meu valenciano deixa que desexar pero faise o que se pode) un abrazo e moita forza compañeirxs, agur!!

ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS

Sergio Roel Barreiro, Teixeiro (modulo 5), 10/7/2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario