SOS PANADEIRA está alarmada co ostracismo do Goberno municipal. Días atrás silenciaron verquidos e hoxe solucionan o problema dos peixes mortos na praia cunha resposta totalmente absurda. Son escandalosas as declaracións da Concellería de Medioambiente e as afirmacións do Real Club Náutico de Sanxenxo nas que dixeron que non estaban obrando...
Reproducimos unha vez traducido(estaría ben recibir en galego as campañas da Galiza, pero bon...)un novo comunicado do colectivo SOS Panadeira, enviado á nosa conta de correo por un membro da asociación:
O día 1 de agosto presentamos dous escritos no rexistro xeral do Concello de Sanxenxo, oficina única, para a Alcaldesa e tamén para que se remitan a Portos de Galicia. Denunciamos no escrito que a obra continúa aínda cando rematou onte o prazo otorgado por Portos de Galicia, preguntámonos se para o Real Club Náutico de Sanxenxo os prazos son de caducidade como para o resto dos administrados ou se para ese club privado a prórroga é automática a conveniencia. Non dubidámos de que se lles concedera por Portos todas as prórrogas que precisen, xa que teñen barra libre nesa administración , pero xa que non cumpren a lei, polo menos que salven as formas e que amplíen o prazo unha vez máis como outra mostra do que é unha administración permisiva.
Noutro escrito denunciamos a macroestructura metálica que se está construíndo no acceso á pasarela dos pantaláns e queremos lembrar que pretenden ubicala exactamente sobre a praia urbana de Iriña coméndolle 6 metros -con beneplácito de Concello e Portos- pero a veciñanza coa súa loita obrigou a retirar o pilote da praia e levar a pasarela.
Solicitamos por todo isto a inmediata paralización das obras.
PREGAMOS DIFUSIÓN EN DEFENSA DAS NOSAS PRAIAS.
Mais info en: sospanadeira.blogspot.com
2 ago 2014
Novas sobre a situación da praia da Panadeira en Sanxenxo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario