2 ago 2014

[Grecia] Ataque fascista á okupa de Kuvelu coa complicidade da policía

O venres 1 de agosto un grupo de 100 neonazis atacou a okupa Kuvelu, no barrio de Marusi, no norte de Atenas. Antes de atacar a okupa, os fascistas realizaron unha marcha motorizada dende as oficinas pechadas da banda neonazi Aurora Dorada no barrio de Neo Iraklio ata a súas novas dependencias en Marusi.

Durante o ataque fascista unhas 30 personas atopábanse dentro do recinto da okupa defenderon a agresión fascista-paraestatal. Os neonazis armados con coitelos, navallas, bates e escudos, realizaron un ataque coordinado durante 15 minutos. As persoas de dentro da okupa conseguiron repeler a agresión e provocar a fuxida dos fascistas. Durante la agresión os fascistas provocaron danos a varios coches aparcados nas proximidades da okupa. A policía apareceu xusto despois da retirada dos neonazis, rodeando o recinto da okupa. As forzas policiais eran numerosas e durante o transcurso do ataque dos fascistas agardaron a pouca distancia sen realizar intervención algunha. No ataque resultaron feridas varias persoas da okupa. Os veciños atenderon aos feridos, e estiveron na entrada do recinto durante o bloqueo dos bofias. Durante este tempo máis dun centear de persoas achegaronse para solidarizarse cos okupas.


Informa Anxo Pereira para Abordaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario