Reproducimos esta petición de cariño para con "Senlhe" co gallo do seu aniversario entre reixas que recollemos do blogue do seu Colectivo de Apoio, "Caderno Senlheiro", onde informan tambén das últimas novidades:
ADRIÁN MOSQUERA PAZOS
CENTRO PENITENCIARIO DE VILLABONA
FINCA TABLADIELLO
C.P. 33480 VILLABONA (ASTURIAS)
Se alguén lle quere facer chegar algunha outra cousa ese día meteremoslle un paquete, pode deixala na taberna O'Pozo en Compostela ou ben poñendose en contato neste mail: colectivodeapoioasenlheiro@gmail.com
Senlheiro continua no cárcere de Asturies (Villabona) mentres agardamos a derradeira petición de liberdade provisoria.
A xuíza que o xulgou (Clara Bayarri) deixou de ser a ponente sobre a liberdade provisoria, tras a dimisión de Enrique López (ese que ía borracho na moto co casco no brazo) e que deixou o Tribunal Constitucional pra voltar á súa plaza na Audiencia Nacional. Por mor de esta reincorporación movense os postos e o xuíz que pasa a decidir sobre o tema vai ser Cándido Conde Pumpido.
Tras a condena de 7 anos de prisión da Audiencia Nacional, recurrimos ao Tribunal Supremo (ao igual que a Fiscalía, que segue a pedir os 18 anos de prisión).
En menos dun ano agardamos ter a vista maila sentenza definitiva, e algo que celebrar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario