9 jul 2014

[Madrid] En prisión Yago, anarquista acusado de atacar a sede de IU de Tetuán.

Acedendo ao chamado á solidariedade e difusión deste caso ante o linchamento mediático que se está a producir, publicamos:

Os falsimedios destacan a Yago Torroba como un dos máis activos anarquistas de Madrid, que pertenece ao seu núcleo máis duro; e sinalan que foi detido na chamada "Operación Budo" ás duas da tarde do domingo 6 na rúa Bravo Murillo por axentes do Grupo XXI da Brigada Provincial de Información, acusado de ter atacado a sede de IU do distrito de Tetuán na madrugada do pasado 27 de abril (a foto adxunta foi difundida pola Policía, vese que non tiñan nada mellor)

Segundo o falsimedio que mires, así variará o tratamento informativo, nalguns como "El País" (que van de independentes e mesmo de esquerdas) falan de que Yago, tras rachar unha ventana, introduzira diversos artefactos con a intención de incendiar o local; outros como 20 minutos (supostamente máis á direita) falan dun pequeno cóctel incendiario, que arroxaron xunto a papeis de propaganda política (aínda que non serái raro que "El País" considere a propaganda política como artefacto incendiario); Mesmo o monarquico ABC enlaza este ataque con outro producido na sede de IU en Chamberí por un grupo dunhas dez persoas de ideología nazi que asaltaran a sede, ao berro de «¡Rojos de mierda, os vamos a matar!», ante a mirada estupefacta dun grupo de militantes (erro casual ou erro intencionado?).

Iso si, todos coinciden en que nesa acción o detido realizara varias pintadas ameazantes e ofensivas na fachada da sede como "Moriréis" o "Traidores" (así sen direito algún á "presunción de inocencia").

Por elo se lle imputa un delito de danos, outro contra os direitos fundamentais e outro de incendio en grado de tentativa (ou sexa que non chegou a arder nada, de feito nun falsimedio resaltan que o cóctel caseiro queimara só alguns papeis). Pese a iso o xuíz de garda ordenou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza, e agora se atopa encirrado en Soto del Real.

Para dar-lhe maior perigosidade ao caso e criminalizar máis, se cabe, estes falsimedios destacan que Yago Torroba xa fora detido en xaneiro de 2013 por participar xunto con Alfonso F. O., coñecido como Alfon, nos disturbios da folga xeral en 14 de novembro e mesmo indican que ambos pretendían colocar un artefacto con metralla que portaban nunha mochila; e iso pese a que o xuiz instructor determinou que só Alfón vai ser xulgado, ainda que non há pegadas algunhas súas nese artefacto. Alén en El País (por criminalizar que non quede) sinalan que fontes policiais (como se non fosen policiais o resto das súas fontes) vinculan a Torroba con o entorno do chamado Unabomber español, acusado de colocar 32 artefactos explosivos en todo tipo de establecementos e de locais públicos entre abril de 2009 e setembro de 2011; e ata se atreven a falar de que "os investigadores" tambén ven conexión directa con Tamara Hernández Heras, e sen mencionar que foi amnistiada, falan dela como autora dun delito de asesinato en grado de tentativa.

Ante este despropósito de información interesada co gallo de criminalizar ao Yago, recollemos a información publicada en Indymedia Barcelona ao respeito:

O día 6 de Xullo de 2014 foi detido o noso compañeiro Yago acusado de danos, intento de incendio e delito contra os dereitos fundamentais.

Esta detención vén enmarcada dentro da ondada represiva contra o anarquismo, sendo un caso máis dentro dos que levamos nos últimos tempos, sinalándonos como os/ás culpables de todos os males da sociedade e despois de conseguir chegar ao ridículo en moitas ocasións.

A nós, amigos/ás e compañeiros/ás, dános igual se é inocente ou culpable. É o noso compañeiro e terá todo o noso apoio.

O día 7 de Xullo de 2014 pasou a disposición xudicial co resultado de prisión preventiva sen fianza e despois de ser trasladado ao cárcere de Soto del Real. Nesta decisión tivo moito peso un informe policial no que lle describen como un anarquista perigoso. O devandito informe vén dado por unha vinganza particular contra el por parte da Brigada de Información integrada no Corpo Nacional de Policía xa que o noso compañeiro non quixo colaborar con eles e decidiu manter a súa dignidade.

Queremos facer un chamamento á solidariedade e difusión do caso ante o linchamento mediático que se está a producir.

Que a solidariedade non sexa só palabra escrita...

MORTE AO ESTADO E VIVA A ANARQUÍA

ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS


Por Tancredo Tantonto para Abordaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario