Colamos (e traducimos) de Rebelión de las Palabras:
Segundo informa o comunicado seguinte, a finais do mes pasado producíronse algúns cambios na situación de algunhas das compas detidas nos rexistros de domicilio de Torino no pasado 3 de xuño, en relación á súa suposta participación en diferentes accións contra os desafiuzamentos, e no movemento okupa da cidade.
Por agora, das 11 persoas encarceradas inicialmente en preventiva, saen de prisión 5 delas, mentres que a 3 das 4 persoas baixo arresto domiciliario lles confirmaron as medidas preventivas.
A continuación, o comunicado con máis información. A pesar de que aparecen na lista de compas que permanecen no talego, recordemos que xs compas Chiara, Claudio e Niccoló están en prisión por outro caso anterior (no que se lles acusa por unhas sabotaxes a unhas obras do TAV na rexión de Clarea, Val Susa) e non relacionado, polo menos por agora, con este (no que só figuran como investigadxs sen que existan, por agora, cargos concretos contra elxs). Recordemos tamén que Nicoló Angelino, un dos compas que, afortunadamente, saíu de prisión baixo arresto domiciliario, iniciara unha folga de fame (que mantiña dende o pasado 18 de xuño) para protestar contra o illamento que lle impuxeron tras negarse a entrar na cela como forma de protesta polas realidades represivas na cidade de Torino tras a súa detención. Celebramos o seu éxito na folga de fame e que puidese saír non só do illamento, senón tamén do talego! (aínda que sexa para pasar a outro cárcere no seu propio domicilio).
En finais de xuño, o Tribunal de Revisión confirmou boa parte das medidas preventivas ditadas polo xuíz de instrución o pasado 3 de xuño.
Saen do cárcere para ir a arresto domiciliario, Giuseppe De Salvatore (Beppe), Daniele Altoè, Francesco Di Bernardo, Marianna Valenti e Nicolò Angelino. Ademais, confírmanse a medidas preventivas para tres das catro persoas que xa estaban baixo arresto domiciliario.
Quedan no cárcere xs seguintes compas:
Andrea Ventrella no C.C. Via Port’aurea, 57 – 48121 Ravenna.
Paolo Milan e Toshiyuki Hosokawa no C.C. Località Les Iles, 14 – 11020 Brissogne (Aosta).
Michele Garau no C.C. Strada Quarto Inferiore, 266 – 14030, località Quarto d’Asti, Asti.
Fabio Milan no C.C. Via del Rollone, 19 – 13100 Vercelli.
Niccolò Blasi no C.C. San Michele strada Casale, 50/A – 15121 Alessandria.
Chiara Zenobi e Claudio Alberto no C.C. Via Maria Adelaide Aglietta, 35 – 10151, Torino.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario