Recibimos dunha compa un correo con o seguinte Comunicado que reflexa unha mudanza a pior, por parte das carcereiras francesas de Fleury-Mérogis, para con elas e a súa decisión de facerlles fronte e iniciar unha dinámica de luita ata conseguir uns mínimos nas condicións desta cohabitación forzada:
Nestes momentos somos 6 presas políticas vascas na MAF. Nós, como o resto de militantes vascos, pasamos moitos anos en cárceres preventivos, prisións creadas a priori para persoas non xulgadas ou de penas curtas. Pero para nós o período de instrución alóngase ata os 4 anos; a isto súmase o tempo que pasa ata o xuízo e despois, o período ata que somos transferidas (ou non) a un cárcere de cumprimento. Durante todo este periplo, nós loitamos día a día para conservar os nosos dereitos, conseguir unhas condicións de vida mínimas e, sobre todo, o respecto do noso Colectivo político.
O Colectivo de Presas políticas Vascas está formado por unhas 530 persoas, dispersadas en 81 prisións en 5 países diferentes. 400 de entre nós estamos encarceradas en 50 prisións do estado español. E 125 estamos encarceradas en 28 prisións francesas, a unha distancia media de 844 Km da nosa casa. Esta política de dispersión decidida nos anos 80 ten como obxectivo o afastarnos do noso país, de todo o apoio que recibimos alí, negar a existencia do noso Colectivo e, sen dúbida, agrandar o sufrimento das nosas familias, que se ven obrigadas a facer miles de quilómetros para vernos cada semana. Dende a posta en marcha desta política, 16 familiares faleceron na estrada e os feridos cóntanse por centenares, sen falar do custo económico que todo isto leva consigo (unha media de 1500 € por mes por cada familia).
Os estados español e francés buscan debilitarnos, facernos dano, e para iso seguen unha estratexia encarnizada e brutal: Illamento, alongamento de penas, negación de liberdade para as presas en fin de pena ou gravemente enfermas, chantaxe para obter a liberdade condicional, vexacións, malleiras, etc.
No que concirne ao regulamento interno, ao conxunto de condicións xerais indignas que vivimos cada día, hai que engadir as medidas que nos aplican especialmente a nós: estamos controladas día e noite. Todos os nosos movementos son recollidos en cadernos que se encontran nos postos de vixilancia nos corredores, onde teñen as nosas fotos en formato carné. Anotan igualmente con quen falamos no patio, con quen camiñamos, que facemos... Durante a noite temos controis cada dous horas, as carcereiras acenden a luz e pechan de golpe o axexadoiro, non é raro que golpee a porta para facernos mover...y todo isto durante anos e anos. Obrigatoriamente temos que someternos a palpacións e pórtico eléctrico para saír ao patio e para ir ás visitas. Mesmo intentan facernos palpacións para outros movementos internos, cousa que nos negamos a aceptar. E máis grave aínda, vémonos obrigadas a espirnos cada vez que volvemos dunha visita, cada vez que saímos de prisión (para ir ao médico ou ao xulgado, ao hospital...) e cada vez que nos rexistran a cela. Queremos remarcar que o carácter humillante desta medida foi fortemente denunciado e que a súa aplicación sistemática non debería ser a regra. Temos, igualmente, un acceso limitado ás actividades e ao deporte, e limitacións para participar en cursos de universidade que se realizan no lado dos homes.
Duranto todos estes anos compartimos cos responsables do cárcere de mulleres esta realidade por todos os nosos medios. Sexa con carteis no patio, distribución de panfletos, paros, rexeitamento á comida, protestas, días de solidariedade, accións en resposta ás agresiones... e negámonos a aceptar as medidas abusivas tendo unha actitude de insubmisión e denuncia. Intetamos tamén manter unha comunicación permanente a través da nosa voceira, para -na medida do posible- arranxar os problemas por medio do diálogo.
Hai uns 5 meses, pola contra, aterra unha nova dirección no cárcere: Nova directora (Sra. Perrot) novo xefe de detención (Sr. Nkouka) novos graduados... Este cambio coincide cunha nova política interna e un funcionamento moito máis estrito que o que coñecemos ata agora. Constatamos que a directora fai caso omiso de acordos e certas cousas que se obtiveron estes últimos anos, adoptando unha postura ríxida e unha política de castigo sistemático, sen dar opción ao diálogo.
A isto hai que engadir a actitude de certas carcereiras, que aproveitaron a ocasión para premer a directora coas súas reivindicacións de máis seguridade e máis control, e apuntándonos a nós -as presas políticas vascas- co dedo. Estas carcereiras quéixanse de supostos 'privilexios' que temos as vascas. É dicir, que non ensinamos a carta de identidade nos postos de vixilancia, que temos moita roupa na cela, que non nos calamos cando nos berran, que organizamos nós mesmas a lista de deporte (evidentemente, posto que nos impoñen unha cota) en fin... según a directora a lista é moi larga... pero négase a dárnola. Nos queren facer crer que as vascas somos o orígen de todos os problemas que existen aquí e que dúas camisetas de máis 'perturban gravemente a orde da institución'(?).
O problema, aparentemente, non son as condicións inhumanas que temos que aguantar. Por citar algunhas podemos falar da falta de hixiene nas duchas que están cheas de mofo, ou do patio cheo de excrementos onde debemos sentarnos no chan. De comidas repetitivas, frías e servidas en escasa cantidade cun carro que leva a comida a dous dedos do chan. De cantinas limitadas e pouco variadas. Da falta de frigorífico. Da supresión da bolsa de aseo cos produtos de primeira necesidade ou do servizo de lavandaría. Da falta de respecto de certas carcereiras que nos espertan pola noite ou rexistran a almofía cando nos imos ás duchas. Non, o problema é que 'as vascas teñen privilexios'. Pero de que privilexios nos falan? Do privilexio de non se deixar pisar? Pois ben, nós non estamos dispostas a renunciar!
O resultado é un clima de represión e unha forte suba da tensión. Agora a mínima incidencia leva consigo unha comisión de disciplina. No prazo destes cinco meses as presas políticas vascas pasamos 14 xuízos internos por diferentes razóns. Nunca antes tivemos tantas comisións disciplinarias en tan curto prazo.
Hoxe en día, calquera incidente ou desacordo cunha funcionaria remata nun informe de incidente, e o informe que chega ao xefe de detención remata nunha comisión disciplinaria. Directamente, sen respectar o seu propio procedemento. Facendo caso omiso ás nosas alegacións.
Velaquí a espiral represiva que a nova directora iniciou. E isto non é todo, porque ela nos anunciou que en diante novas medidas represivas serán postas en marcha. Que non existe o Colectivo de vascas. Que non hai lugar para o diálogo e os acordos. Que de agora en diante o xeito de arranxar os problemas é e será a represión.
Nun inicio, nós viñemos dando unha resposta puntual a cada ataque, pero neste momento situamos estes ataques nun contexto máis xeral. A pesar de que intentamos manter a comunicación, a práctica demostrounos que seguen focalizados na represión.
Vista a situación, decidimos facerlles fronte e iniciar unha dinámica de loita co obxectivo de conseguir os mínimos polo ben desta cohabitación forzada.
Seguirémosvos informando do desenvolvemento dos acontecementos.
Saúdos calorosos a todas e todos os que loitan e resisten en prisión!
Presas políticas vascas encarceradas en Fleury-París
No hay comentarios:
Publicar un comentario