A primeiros de xuño saltaran as alarmas nos medias alternativos anarquistas pola publicación na web ContraInfo (es) dun comunicado anónimo no que se acusaba á compañeira Tamara de ter delatado alguén á policía. Ante tamaña inxustiza para con esta compañeira, todos os medias anarquistas puxeranse ao seu carón e criticaron o feito de que ContraInfo (es) dera pábulo a tal comunicado cobarde. Agora o Boletín Tokata ven de publicar unha serie de cartas de compas presos que, unha vez receberan o boletín nas súas celas e ter coñecemento do que se calumniara sobre a nosa compa, respostaran para se solidarizar con Tamara e darlle agarimosos ánimos, alén de manifestar o seu noxo de que se publicara ese estúpido e absurdo artigo nunha páxina, pretendidamente, anarquista; mesmo algúns dirixen os seus dardos contra a policía como autora dese artigo difamante e outro contra algún "anarquista" infiltrado no ministerio do Interior.
Tambén os hai que aproveitan a comunicación con o Tokata para se solidarizar con Pepita Seoane despois de coñecer a acusación dirixida conra ela como ideóloga dos GRAPO.
Non imos colar as cartas nen a traducilas (as cartas persoais así como a poesía, perden con a traducción e, queiras que non, todas sabemos ler en castelán), pero sin facilitamos os enlaces para animarvos a sua leitura no Tokata, que colamos por orde cronolóxico:
- Carta de Juan Carlos Rico dende o Cárcere de El Puerto de Santa María
- Carta dende o Cárcere de Aranjuez do compañeiro Francisco Maya Fernández
- Carta, tambén dende Aranjuez, do compañeiro Daniel Ramírez Córdoba
Nesta última (ata agora) carta, Daniel fai unha proposta para que "se abra o debate de facer algún acto (cada un dentro das súas posibilidades e circunstancias persoais) en memoria dos nosos compañeiros e amigos/ás falecidos dentro de prisión... de forma mensual, trimestral ou anual, que se manteña viva a súa memoria. Tamén en recordo de todos/ás os/ás compañeiros/ás que mantiveron unha loita activa no colectivo de COPEL e máis tarde a reconstituída APRE e o Colectivo en Loita dos Presos FIES".
Publicado para Abordaxe por Xan do Can
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario