25 jul 2014

Amigos do mundo uniformado, dos valores universais e do pensamento etnocentrista

Primeiramente, quixera referirme á seguinte afirmación "A cuestión nacional, en diferentes épocas, serve intereses distintos, adquire matices variados, en función da  clase que os plantexa e do momento no que os plantexa". Esta cita di que dependendo da fase do capitalismo na que nos atopemos, o nacionalismo pode estar íntimamente ligado a unha revolución burguesa, ou ben, que as loitas de liberación nacional son obra das clases traballadoras e populares dun territorio concreto.

Existen varias definicións de nación; eu resaltarei dúas básicas, unha que fai referencia a un conxunto de trazos comúns a un Estado concreto, que permiten lexitimálo(tamén podería entenderse neste senso un territorio no que un Estado exerce o seu goberno e administración), e unha definición máis romántica do socialista austríaco Otto Bauer, readaptada por Villar "A nación é unha comunidade estable, históricamente constituída, de lingua, de territorio, de vida económica e de formación psíquica, que pode traducirse nunha comunidade cultural". A segunda acepción é a que me serve de base para a posterior análise. Así mesmo, creo que é necesario referirme ao concepto de patriotismo, que podería considerarse unha ideoloxía xerada polo Estado para dar unha consistencia lexítima aos territorios que reúne baixo as súas fronteiras, e tamén para borrar as diferencias sociais internas en base a un denominador común que soe ensalzar respecto ao resto de Estados.

Tras realizar estas precisións metodolóxicas, resultame necesario facer ver, que xa non vivimos no S.XIX aínda que exista xente que non se decate, esa época na que os movementos nacionais non eran máis que a cara cultural da consolidación dos Estados capitalistas. O capitalismo configurabase en Estados apoiado no desenvolvimento dun conxunto de trazos presuntamente comúns á poboación recluída baixo as súas fronteiras. Probablemente, se todas as revolucións burguesas se producísen de maneira similar a Francia, na península ibérica, por exemplo, desaparecerían todas as linguas a excepción do castelán. Con todo, aquí non houbo revolución burguesa, e por varios motivos, entre eles a loita dos diferentes pobos estas linguas conseguiron sobrevivir. Gracias á loita de moitos pobos do mundo(no que as clases traballadoras-campesiñas) defendendo o seu modo de vida, fronte ao puxante modo de produción e cultura capitalista. Este mundo non é unha táboa rasa de cultura, como pretenden os capitalistas, e tamén como pretenden algúnhxs libertarixs. Supoño que estxs libertarixs petenderán aproveitar a táboa rasa de cultura herdada do vello mundo capitalista, iluminar xs pobres desgraciadxs do mundo, para que transformen a súa CocaCola, en DurrutiCola, e para que cun pouquiño de esforzo esquezan o inglés que colonizou as súas linguas maternas e aprendan esperanto. Pobres desgraciadxs do mundo, quitádevos o taparrabos e mercade un pantalón de pana fabricado na comuna libertaria de Villanueva de los Perales...

Pido desculpas por usar tantas hipérboles para tentar plasmar, que a configuración de valores universais que pretenden algunhxs, unha cultura universal, un único modo de producción, unha lingua única como vehículo comunicativo... representa un etnocentrismo prepotente, paternalista e reaccionario;  co que non me podo sentir máis que en desacordo, segundo a miña forma libertaria de concebir o mundo.

Neste mundo de capitalismo espectacular, onde os pobos perden as súa señas de identidade e ven esfumarse todo a riqueza herdada de feitos de longa duración e de momentos históricos determinados; moitos individuos caeron na conta de que sós non representan nada contra os Estados, e que ademáis de defender xunto coa xente da súa terra, o modo de producción e reproducción que estimen oportuno, estes individuos tamén poden estimar, que moitos trazos do pasado son anacrónicos e non serven para mellorar as súas vidas, pero hai outros trazos que son herdanza de longos procesos  de ensaio-erro, formas de vida que consideran propias, e non están dispostos a mudalas e/ou transformalas por outras que son dictadas de forma paternalista(dame igual que se trate dun burgués ou dun fillo de burgués con pensamento socialista). O esperanto, o inglés, son linguas alleas a min, e á xente da miña terra, o mesmo que o castelán e alleo a un gran número de galegxs, vascxs, ou peruanxs, e por iso xs comunerxs de Castela do S.XXI apoiamolxs na medida das nosas posibilidades.

Por último quero comentar que defendendo a miña terra, podo defender tamén as demáis como acto de solidariedade, que non son patriota, porque non ensalzo a miña terra por riba doutras, que son independentista e defendo unha Castela comunera e libertaria, sen Deus, nin Estado, nin patrón.
Ah! e porsuposto, son amigo dos pobos.


Texto escrito por Mu Wing en xaneiro do ano 2009, tirado dunha recopilación de artigos referentes a anarquismo e independentismo editado pola distribuidora castellana Peligrosidad Social e traducido por Matria ceive para Abordaxe-blog.

Para ler máis artigos sobre esta temática no blog:

-O QUE É ISSO DE REPÚBLICA GALEGA?

-O SENTIMENTO NACIONAL

-INDEPENDENCIA E ANARQUISMO

-ANARQUISMO, PATRIA E NACIONALIDADE

No hay comentarios:

Publicar un comentario