A raíz da desinformación asinada por Enrique Morales e Miguel Sola en LaInformación que, cando nós publicamos en Abordaxe compartillamos con o apontado pola persoa que nos facilitou tal desinformación, en que era "Pra mexar e non botar ghota": Pois ven, semella que á CNA non lle fixo graza algunha que se refiriran a ela con estes termos: "Entre os propósitos latentes dos anarquista poderían estar os responsables de prisións, aos que acusan de secuestradores e carcereiros, escudándose nas palabras do anarquista ruso Mijail Bakunin: "Só poderemos sentirnos libres mentres non exista un só preso". Este obxectivo queda reflectido claramente na web da Cruz Negra Anarquista Meditérranea-Sur, onde se asegura que a súa loita é "polos compañeiros libertarios secuestrados polo Estado e o Capital e pola abolición dos centros de exterminio que son os cárceres". E así o veñen de manifestar na web da Federación de Grupos da CNA (península ibérica e illas), onde apontan a unha montaxe. Colamos (e traducimos) a súa interpretación do bodrio de artigo que titulan con o encabezamento que puxemos a esta entrada:
Non imos soltar unha parrafada, porque isto cansa. Habitualmente, accións directas, anarquistas ou non, os medios de comunicación, cando non poden pillar xs que as fixeron, inventan xs culpables, como "CNA Madrid" ou "Bloque Negro", que nin existen. Esta vez intentaron criminalizar un grupo si existente. Os nosos estatutos témolos publicados. Neles non está matar carcereiros, nin poñer bombas, nin iso que a policía e os seus xornalistas chaman "terrorismo". Non somos do G.A.L., non temos pistolas como a policía nin armamento como o exército, nas nosas casas, locais e espazos okupados non morren máis de 150 persoas cada ano, como nas prisións españolas. Imos seguir difundindo as loitas nas prisións, e apoiando os presos anarquistas. Sabemos que a liberdade de expresión non lles gusta, e buscan chibos expiatorios. A situación social está a punto de explotar, e hai que intentar que a xente nos vexa como un inimigo... non coa, nós si somos desa xente, non temos os vosos soldos nin o voso poder, nin o queremos.
Cumpride as vosas propias leis e deixádenos en paz. En Granada xa está presentada a denuncia contra as vosas ilegais listas negras. Un saúdo á brigada de información; a nós non nos gusta tanto a literatura fantástica. Xa sabedes que as ilegalidades as cometedes vós, cada día, nós non... así que se buscades unha montaxiña das que vos gustan, con detidxs aos que sacades polo portal, 20 madeiros ou picoletos encapuchados e armados ata os dentes, metendo catro cousas en vinte caixas distintas, coa noticia en todas as televisións... o dito, deixádenos en paz.
Sentímolo, querida prensa do réxime. Non sabemos fabricar bombas, nunca fabricamos ningunha, non apuñalamos nunca a ninguén. Somos unha organización federada, e internacional, eses non son os nosos obxectivos, que os podedes ler nos nosos estatutos, non é tan difícil. De momento, non se ilegalizou o federalismo e o internacionalismo. Hai unha cousiña, que quizais se menciona na carreira de periodismo, chamada CONTRASTAR A INFORMACIÓN. Demasiado traballo, verdade? Mellor cortar e pegar o que di a policía, se é certo ou non, dá igual.
Por certo, o último asasinato a man armada fíxoo, PRESUNTAMENTE, palabra que parece non lles molar moito, unha do PP de León, non era?. Por certo, informarán das mobilizacións locais e internacionais do día 28 de xuño contra a represión á loita social? Por certo, fóiselle a man aos carcereiros e mataron a Eugenio?
Non lle imos pedir peras ao olmo, pero ben, estamos ao loro da vosa película. Deixádenos en paz, nin fomos nin somos ETA. Somos anarquistas e non renegamos diso. E nunca nos cansaremos de dicir: Nin FIES nin dispersión nin enfermos en prisión; Abaixo os muros das prisións! Nin de loitar pola liberdade.
Federación Ibérica de Grupos de Cruz Negra Anarquista
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario