Hai uns días publicamos unha entrada con os audios das declaracións dos compas Juan, Freddy e Marcelo ante o seu xuízo (podedes ler, en castelán, as transcripcións na web da Publicación Refractario das palabras de Marcelo e de Juan) e diciamos que varias referencias que realizan os compas fan alusion a situación criada no día anterior cando a suposta frustrada fuga con unha chave das alxemas, da que acusaran á nai de Juan de introduzila (e da que tambén deramos conta en Abordaxe). Pois ben, resulta que esta teima con o da chave segue a ter consecuencias para Juan Aliste, e vimos de saber por Publicación Refractario que tras a suposta desarticulación do "plan de fuga", a cazaría policial e carceraria foi desatada. Pola prensa indícase á familia e nai de Juan como os que intentaron ingresar o devandito elemento, mentres que a policía violenta casas do ámbito próximo a Juan.
O mesmo día do suceso da chave, a cuadrilla uniformada de carcereiros decide atacar ao compañeiro Juan. Aproveitándose dos continuos traslados dos compañeiros ao xuízo, os miserables de uniforme utilizaron este espazo de total impunidade para atestar o corredor onde manteñen secuestrado a Juan, no modulo J do Cárcere de Alta Seguridade. Desta forma comezan co seu sistemático traballo de destrución de todas as pertenzas do compañeiro, para logo proceder a destruír o mesmo chan da cela e os muros con ferramentas especiais, non contentos con isto os bastardos esparexen a roupa e pertenzas do compañeiro por todo o sector.
Ao día seguinte, continuou novamente a violenta invasión ao espazo do compañeiro coa característica covardía dos carcereiros coordinandose para que Juan non se encontrase na cela, rompendo todo o que aínda quedaba funcionando na mesma.
Neste enlace tendes aceso ao audio onde Juan da conta destes abusos.
[As referencias a Jose Maldonao e Joe González fan alusión ás declaracións de ambos os dous respecto ao suposto achado da "chave de alxema". Jose pola súa banda é presidente da Asociación de Oficiais Penitenciarios, mentres que Joe é presidente da Asociación Nacional de Suboficiais de Xendarmaría.]
Saquen as súas mans dos nosos irmáns en prisión!
A frear o fustrigamento dos carcereiros!
No hay comentarios:
Publicar un comentario