11 abr 2014

Presos Políticos Mapuches en Folga de Fame Indefinida - Comunicado Público

Colamos esta información do blogue da Rede de Apoio aos Presos Políticos Mapuches:

Cárcere de Angol, á opinión pública local, nacional e internacional, damos a coñecer o seguinte.

Como Presos Políticos Mapuche, iniciaremos unha mobilización a contar deste día luns 7 de abril do 2014 e de carácter indefinido, esixindo o seguinte:

KIÑE- Esiximos a revisión da condena respecto a Luis Humberto Marileo Cariqueo, Cristian Pablo Levinao Melinao, Leonardo Quijon Pereira e a vez cuestionando que se utilice protexido e testemuña anónima, en cada unha das condenas realizadas, co fiscal anti-mapuche Luis Chamorro Diaz, xa que nese proceso non tivemos acceso a unha defensa xusta, xa que todos os argumentos tomados en conta polos xuíces foron baseados a montaxes e utilización a testemuñas sen rostro, por parte do ministerio publico.

EPU- Esixindo traslado inmediato ao centro de educación e traballo (CET) de Angol, xa que esta petición foi acordada e asinada en ao menos tres folgas anteriores, ademais tomando en conta os distintos tratados internacionais e asinados polo estado chileno, como o é o convenio 169 da OIT, tamén pola nosa cultura, apego á nai terra e á nosa comunidade e a nosa familia.

KÜLA- Esixindo indulto humanitario respecto ao noso peñi* Jose Mariano Llanca Tori, pois o noso peñi sofre unha enfermidade de carácter terminal que foi confirmado por un medico particular e o propio medico de xendarmaría do recinto penal, tomando en conta a pouca probabilidade de vida que lle queda ao noso peñi, e por iso tamén se mobilizará na nosa folga.

MELI- Facemos o chamado ás comunidades en resistencia a non ter ningún vinculo de negociación co goberno correspondente mentres non se resolva a nosa petición como Presos Políticos Mapuche en folga de fame e que foi acordada con todos os Lof en Resistencia que apoiasen esta mobilización, tanto como de Malleco, Cautin e Arauco. Acordo tomado o día 5 de abril nun Nguillaumawun en cárcere de Angol.

KECHU- Esixir o goberno correspondente, especialmente ao goberno rexional, que os seus ditos de perdón ao Pobo Mapuche, sexa con feitos e non só palabras e a non seguir criminalizar ao noso Pobo Nación Mapuche.

ABONDA DE TESTEMUÑAS SECRETAS E ANONIMOS

DESMILITARIZACIÓN DO TERRITORIO MAPUCHE

NON MAIS PERSECUSIÓN E CRIMINALIZACIÓN AOS NOSOS PEÑI

LIBERDADE AOS NOSOS PRESOS POLITICOS MAPUCHE

NON MAIS ASASINATOS ÁS NOSAS COMUNIDADES

DEVOLUCION DO TERRITORIO ANCESTRAL

6 abril 2014.

...........................
NdeAbordaxe:

* peñi - compa

** Kiñe, Epu, Küla, Meli, Kechu - Un, dous, tres, catro, cinco

No hay comentarios:

Publicar un comentario