4 abr 2014

[Madrid] Operación represiva contra participantes antifascistas no 22-M: Once detidos e nove imputados

Colamos de KaosenlaRed.

O estado quere sementar o terror entre os antifascistas que participaron o 22-M na manifestación de Madrid. Envorcan a súa operación contra Bukaneros e outros grupos aos que se vén perseguindo e acosando durante anos. Nova montaxe policial a grande escala contra o 22-M e o antifascismo.

Iso si, dos responsables de facer perder a visión dun ollo a un mozo de 19 anos, ou a perda dun testículo a un outro mozo manifestante, non se coñece proceso ningún aberto para determinar se houbo algún tipo de responsabilidade penal, e, por suposto, terán que ser os propios afectados os que deban denunciar, sen contar co mínimo apoio e/ou colaboración nin da policía nin do goberno represor.

A Policía Nacional iniciou este venres unha operación policial para deter a supostos implicados nos incidentes que tiveron lugar en Madrid o pasado 22 M, concretamente no Paseo de Recoletos. O operativo de represión a grande escala, que se chama 'Operación Puma 70', se saldou polo momento con once detidos e nove imputados, informaron fontes policiais. Entre eles, para máis inri, as fontes policiais afirman que se encontra "o que xa estaba en prisión".

Estas mesmas fontes precisaron que entre os detidos hai integrantes de grupos antifascistas, anarquistas e tamén integrantes dos 'Bukaneros'. Polo momento todos os arrestados son homes maiores de idade e acúsaselles de desordes públicas, atentado contra a autoridade e lesións. Curiosamente, son os mesmos grupos antifascistas que veñen sendo acosados pola policía, o goberno e os medios de comunicación capitalistas, co ABC, La Razón e El País, á cabeza, dende hai un tempo, e que agora se expoñen como cabezas de turco para amedrentar e crear medo entre o movemento antifascista, así como para criminalizar o 22-M no seu conxunto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario