24 abr 2014

Celebrando a vida e a luita de Mumia Abu-Jamal no seu 60 aniversario

Facemonos eco deste escrito dxs Amigxs de Mumia de México, onde co gallo do seu 60 aniversario hoxe 24 de abril, están a celebrar durante esta semana, xunto noutras cidades do mundo, o Festival Free Mumia:

O xornalista e activista afroamericano tivo que enfrontarse a un encarceramento inxusto durante máis da metade da súa vida. O 9 de decembro de 1981, incriminóuselle no asasinato do policía Daniel Faulkner en Filadelfia e aínda que sempre mantivo a súa inocencia, foi condenado a morte a través dun xuízo cheo de racismo e prexuízos políticos.

Os seus delitos son ser afroamericano, dicir constantemente a verdade -como xornalista e escritor-, así como ter sido integrante dos Panteras Negras e simpatizante da organización MOVE.

Grazas ao apoio internacional, a pena de morte foi revogada pola Corte Suprema en outubro de 2011. Pero agora pretenden que Mumia morra en prisión cunha sentenza de cadea perpetua sen posibilidade de liberdade condicional.

Cabe mencionar que as acusacións que se fan na súa contra se basearon nunha confesión falsa, testemuñas ameazadas e subornadas, manipulación de probas e xuízos mediaticos constantes.

Fronte a unha recente onda de calumnias, encabezadas pola policía de Filadelfia, Mumia responde coa valentía de sempre, denunciando unha serie de crimes de estado nos seus escritos, incluíndo o monstruoso sistema carcerario estadounidense que agora se importa a outros países.

O caso de Mumia non é alleo a México, onde tamén se utiliza a prisión política como forma de represión. Dende a toma de posesión de Enrique Peña Nieto, o 1° de decembro de 2012, as detencións arbitrarias, vexacións, golpes e fabricación de delitos cara aos loitadores sociais -así como o cinismo arredor destes- incrementáronse. Hoxe, hai máis de cen persoas presas e procesadas políticas; casos que se suman aos casos de moitos outros que pasaron décadas en prisión, como Álvaro Sebastián Ramírez e os presos Loxicha.

É claro que o sistema carcerario é un instrumento de represión, unha ferramenta para frear a loita daquelas e aqueles que non se conforman cun mundo desigual, inxusto e excluínte. Encarcérase os que queren ser libre.

Liberdade a Mumia Abu-Jamal
Liberade presas e presos políticos do mundo!
Morte ao sistema carcerario!


Para máis información: amigosdemumiamx.wordpress.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario