Damos pulo a esta información recibida na nosa caixa de correos, que colamos:
Saúde compañeiros
Pola presente, informamos-vos de que este mércores, 23 de abril, ás 20h, no local do sindicato (r/ Washington nº 36, baixo) terá lugar unha charla de Carlos Taibo sobre "A vixéncia das ideas libertárias".
Carlos traballa como profesor de Ciencias Políticas, ou algo así, nunha universidade pública de Madrid, mas sobre todo é coñecido como politólogo e analista político (creo que se di así). Ás veces sae na rádio e na tele.
O que sí me atrevo a asegurar é que é un estupendo orador e fala un galego impecable. Se ven a falar para nós e sen cobrar, ten que ser un bo tipo.
Agardando a vosa necesária preséncia.
21 abr 2014
[A Coruña] Charla Carlos Taibo mércores 23, ás 20h no local da CNT
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario