20 abr 2014

12º Día de folga de fame dos Presos Políticos Mapuche no cárcere de Angol. 2° COMUNICADO PÚBLICO

Hai uns días dabamos conta, acá en Abordaxe, do inicio desta folga de fame indefinida, agora recollemos de Tokata este seu comunicado:

Os presos políticos mapuches recluídos no cárcere de Angol e que actualmente permanecemos en folga de fame, damos a coñecer o seguinte:

1._ Reafirmamos a nosa postura da folga de fame, posicionando a nosa decisión ata as últimas consecuencias ou ata que se nos resolva noso petitorio por parte do goberno.

2._ Ata o día de hoxe mércores 16 de abril, tivemos unha baixa de peso moi significativa dende cando iniciamos a nosa mobilización o 07 de abril e que a continuación informamos:

LUIS MARILEO CARIQUEO: 87 quilos e 100grs. - actualmente en 78 quilos e 900grs.

BERNARDO LICAN MELINAO: 91 quilos e 100grs. - actualmente en 85 quilos.

LEONARDO QUIJON PEREIRA: 56 quilos e 100grs.-. - actualmente en 50 quilos e 600grs.

CRISTIAN LEVINAO MELINAO: 78 quilos 300grs.-. - actualmente en 72 quilos e 200grs.

3._ Facer o chamado a todas as comunidades e organizacións sociais que estiveron conscientemente apoiando a nosa mobilización a respectar a estrutura de traballo que levamos como presos políticos mapuche xunto ao noso voceiros, tamén deixar en liberdade de acción ás comunidades en resistencia e organizacións sociais a mobilizarse ao que estimen conveniente en apoio á nosa mobilización, pero respectando a parte de traballo da nosa vocería.

LIBERDADE AOS PRESOS POLITICOS MAPUCHES.

NON MAIS TESTEMUÑAS PROTEXIDAS.

DESMILTARIZACION DO NOSO TERRITORIO.

MARRICHIWEW...

No hay comentarios:

Publicar un comentario