5 mar 2014

[Ucraína] Goberno neonazi con apoio "occidental" e con a cómplicidade dos falsimedios.

Buscando pola rede información sobre o novo goberno instaurado en Ucraína, atopei esta información no blogue "Alegría", onde o seu autor faise eco de diversas informacións, que reuniu nesta entrada que colamos, unha vez traducida, xunto con a información que recabamos da web de CanariasSemanal nun seu artigo titulado "Os xudíos ucranianos fuxen do país, e os fascistas asaltan as sedes do partido comunista", de onde recollemos a foto que acompaña esta introducción):

Segundo o New York Times, "Estados Unidos e a Unión Europea abrazaron a revolución como outro florecemento da democracia, un golpe ao autoritarismo e á cleptocracia no antigo espazo soviético".

"Democracia florecente, revolución"? As sombrías realidades din outra cousa. O que aconteceu foi un Golpe de Estado patrocinado por Estado Unidos, a UE e a OTAN en violación flagrante do dereito internacional.

A verdade prohibida é que Occidente dirixiu -a través dunha operación encubrida e coidadosamente preparada- a formación dun réxime monicreque integrado por neonazis.

Como o confirmou a Subsecretaria de Estado, Victoria Nuland, organizacións clave en Ucraína, incluíndo o partido neonazi Svoboda foron xenerosamente apoiadas por Washington: "Investimos máis de 5 mil millóns de dólares para axudar a Ucraína a alcanzar estes e outros obxectivos.... Imos seguir promovendo que Ucraína alcance o futuro que merece".

O papel dos falsimedios occidentais

A prensa occidental evitou intencionalmente analizar a composición e fundamentos ideolóxicos da coalición de goberno. A palabra "neonazi" é un tabú. Excluíuse do dicionario dos medios de comunicación. Non aparecerá nas páxinas do New York Times, o Washington Post ou The Independent. Os xornalistas recibiron instrucións de non utilizar o termo "neo-nazi" para designar a Svoboda e ao Sector de dereitas.

Composición do Goberno de Coalición

Non se trata dun goberno de transición no que os elementos neonazis integran as marxes da coalición, encabezada formalmente polo Partido Patria.

O Consello de Ministros non só está integrado polo Svoboda e o Sector de dereitas (por non falar dos antigos membros da defunta organización fascista UNHA-UNSO), ás dúas principais entidades neonazis encargáronselles postos clave que lles outorgan o control de facto sobre as forzas armadas, a policía e a seguridade nacional.

Se ben o Partido Patria de Yatsenyuk controla a maioría das carteiras e ao líder neonazi de Svoboda Oleh Tyahnybok (na foto da esquerda) non se lle concedeu un posto principal no gabinete (ao parecer a petición da Subsecretaria de Estado, Victoria Nuland), membros de Svoboda e o Sector de dereitas ocupan postos clave na áreas de Defensa, Policía, Educación e Asuntos Económicos.

Andriy Parubiy, co-fundador do neonazi Partido Nacional-Socialista de Ucraína (posteriormente rebautizado como Svoboda) foi nomeado Secretario da Comisión de Seguridade Nacional e Defensa Nacional (RNBOU), un posto clave que supervisa ao Ministerio de Defensa, as Forzas Armadas, Policía, Seguridade Nacional e Intelixencia. O RNBOU é o órgano central de toma de decisións. Se ben está dirixido formalmente polo presidente, é manexado pola Secretaría cun equipo de 180 persoas, entre elas expertos de defensa, intelixencia e seguridade nacional.

Parubiy foi un dos principais líderes detrás da Revolución Laranxa en 2004. A súa organización foi financiada por Occidente. É mencionado polos medios occidentais como "kommandant" do movemento Euromaidán. Andriy Parubiy xunto con ao líder do partido Oleh Tyahnybok é un seguidor do nazi ucraíno Stepan Bandera, que colaborou no asasinato en masa de xudeus e polacos durante a Segunda Guerra Mundial (como curiosidade o recén nomeado embaixador de Ucraína ante a ONU, Yuri Sergeyev, ven de tratar de xustificar aos colaboracionistas nazis ucranianos durante o réximen de Hitler, acusando á extinta URSS de "presionar aos aliados occidentais para declarar ao movimento de (Stepan) Bandera e outros como asesinos". Na imaxen da direita podedes ver unha manifa neofascista en honor a Bandera).

Á súa vez, Dmytro Yarosh, líder da delegación do Sector de Dereitas no parlamento, foi nomeado secretario adxunto de Parubiy no RNBOU.

Yarosh foi o líder dos paramilitares neonazis durante o movemento de "protesta" do Euromaidán. Pediu a disolución do Partido das Rexións e do Partido Comunista.

O partido neonazi tamén controla o proceso xudicial co nomeamento de Oleh Makhnitsky do partido Svoboda á posición do Fiscal Xeral de Ucraína. Que clase de xustiza prevalecerá cun neonazi de renome a cargo da Oficina da Fiscalía de Ucraína?

Tamén se asignaron postos no gabinete a ex membros da organización marxinal neonazi Asemblea Nacional de Ucraína - Autodefensa Nacional de Ucraína (UNHA-UNSO):

Tetyana Chernovol, retratada na prensa occidental como unha devota xornalista de investigación sen facer referencia á súa pasada participación na antisemita UNHA-UNSO, foi nomeada presidenta do comité de loita contra a corrupción do goberno. Dmytro Bulatov, coñecido polo seu presunto secuestro pola policía, tamén con conexións coa UNHA-UNS, foi nomeado ministro da xuventude e os deportes.

Yegor Sobolev, líder dun grupo cívico no Maidán Independiente e politicamente próximo a Yatsenyuk, foi nomeado presidente do Comité de Lustración, encargado de purgar os seguidores do presidente Yanukovich do goberno e da vida pública. O Comité de Lustración é para organizar a caza de bruxas neonazi contra todos os opositores ao novo réxime. Os obxectivos da campaña de depuración son persoas en posicións de autoridade dentro da administración pública, gobernos rexionais e municipais, educación, academia, etc. O termo lustración refírese á "descualificación masiva" de persoas relacionadas co goberno anterior. Tamén ten connotacións raciais. Será con toda probabilidade, dirixido contra os comunistas, os rusos e os membros da comunidade xudía.

De feito, hai xa duas semanas que o representante dos rabinos de Ucraína, Moshe Reuven Azman, fixo un chamamento aos xudeus de Kiev para que saísen desa cidade e, se lles fose posible, do mesmo país. O temor a que os xudeus volvan ser vítimas propicias da ultradereita nazi provocou polo pronto que moitos deles empezasen a abandonar os seus fogares. Polo pronto a comunidade xudía en Kiev viuse obrigada a pechar as súas escolas. Segundo relatou o xornal "Azman", Edward Dolinsky, xefe da organización que agrupa os xudeus ucraínos describiu a situación en Kiev como extremadamente grave.

Por outra parte, en Chernígov, unha cidade do norte de Ucraína, militantes fascistas asaltaron as sedes do Partido Comunista de Ucraína, esnaquizando o mobiliario, libros, bandeiras, xornais e retratos. Nalgunhas rexións mesmo foron prohibidas as actividades e o uso de símbolos do Partido Comunista, por ser "contrarios aos intereses nacionais e violar os dereitos e liberdades dos cidadáns de Ucraína", segundo os fascistas.

Neste video podese observar o asalto a unha sede do partido comunista:



É importante reflexionar sobre o feito de que Occidente, comprometido formalmente aos valores democráticos, non só encabezou a caída dun presidente electo, senón que instaurou un réxime político integrado por neonazis.

Nunha situación tan grave como esta resulta insólito non só o silencio que rodea a todo o aparato mediático da Europa occidental, o cal podería comprenderse se se ten en conta os intereses económicos e xeopolíticos que están en xogo en Ucraína, senón tamén a ausencia de pronunciamentos por parte da esquerda europea e a española en particular. Posiblemente encóntrense moi ocupados preparando as xornadas electorais do próximo mes de maio, que lles permitirá ocupar un escano xustamente no Parlamento que propiciou o desenvolvemento dos acontecementos que hoxe están a ter lugar en Ucraína.

Este é un goberno títere que permite a Estados Unidos, a OTAN e a Unión Europea interferir nos asuntos internos de Ucraína e desmantelar as súas relacións bilaterais coa Federación Rusa. Débese entender, non obstante, que os neo-nazis non teñen en última instancia, a última palabra: en virtude dun "réxime de goberno indirecto" eles reciben ordes sobre as cuestións militares e de política exterior cruciais, incluíndo o despregamento de tropas dirixidas contra a Federación Rusa do Departamento de Estado norteamericano, o Pentágono e a OTAN.

O mundo está nunha encrucillada perigosa: as estruturas e a composición deste goberno monicreque instalado por Occidente non favorecen o diálogo co goberno e o exército ruso.

O RNBOU

Un escenario de escalada militar que leve á confrontación entre Rusia e a OTAN é unha posibilidade real. O Comité de Seguridade Nacional e Defensa Nacional da Ucraína (RNBOU) que é controlada por neonazis xoga un papel central nos asuntos militares. Na confrontación con Moscú, as decisións tomadas polo RNBOU encabezado polo neonazi Parubiy e o seu adxunto camisa parda Dmytro Yarosh - en consulta con Washington e Bruxelas - poderían potencialmente ter consecuencias desvastadoras.

"O florecemento da democracia" en Ucraína - para usar as palabras do New York Times - está avalado por republicanos e demócratas. É un proxecto bipartidista. Non nos esquezamos que o senador republicano John McCain é un firme partidario e amigo do líder neonazi de Svoboda, Oleh Tyahnybok (foto no párrafo anterior) e a subsecretaria de Estado norteamericana, a demócrata Victoria Nuland, non ten reparo nengún en posar para a posterioridade xunto a este líder neonazi (foto da direita).

eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario