O compa do blogue "Rebelión de las Palabras" fixonos chegar esta crónica para darlle pulo, onde conta que: "Coma saberedes, o luns pasado, día 3 de marzo, realizouse en Bilbao, baixo un forte control policial, a cimeira do Foro Económico Mundial á que asistiron representantes e directivos gobernamentais e de institucións financieiras coma o FMI, a OCDE etc.
A reunión dos asasinos motivou varias movilizacións, entre elas a dxs anarquistas, que cun chamado anónimo invitaban a tomar as rúas. Algúns/has compas e sobre todo amigxs estiveron por alí e unha desas persoas envioume unha crónica anónima do vivido nas rúas de Bilbao nunha xornada de loita e guerra social, que agora comparto convosco.
Que se extenda a revolta!"
Chegamos á manifestación sen moitas esperanzas postas nesta. Xa nos ilusionaramos outras ocasións e era mellor ser prudente.
Todo transcorría con normalidade: berros, ovos con pintura, nada que destacar, ata que unhx mozx estaba a pintar en Zara e saíu o mediaplaca correspondente na súa dirección (non sei se para chamarlle a atención, paralx ou que). Nese momento o grupo dxs que estaban á súa altura dirixiuse cara ao segurata, facéndoo entrar correndo no edificio onde traballaba. Supoño que este xesto do mediaplaca amolaría á xente, o que provocou que un grupo de manifestantes se dirixise á beirarrúa de en fronte e destruíse o Zara Home. Así empezou todo. Nos estabamos paradxs sen saber como reaccionar. Viviramos outras veces esa situación, pero nunca tan á présa e por un motivo que realmente non é unha agresión nin unha carga policial. Non o criamos. "A rapazada de Bilbo está moi tola", Non lles fai falta ninguén máis, parece que arrasan con todo elxs sos". Arrancaban papeleiras, tiraban colectores (subíndoos entre todxs, pois estaban ancorados ao chan), recollían os cristais para lanzalos, etc. De súpeto viñeron os zipayos (forma máis despectiva aínda de dicir policía antidisturbios), e todxs saímos correndo, como por acto reflexo, cando nin sequera baixaran dos furgóns; por sorte había xente berrando á calma e soubemos organizarnos (sen falar) entre todxs, rebentar o pavimento e lanzalo á policía. RETIRÁRONSE. Todxs berramos, abrazámonos, aplaudimos. Non entendiamos nada sobre por que nos estaban a deixar facer o que queriamos, pero o importante é que se foron. Continuamos, máis tendas como Loewe e bancos foron esnaquizados. Chegamos a unha praza onde se encontraba un furgón policial. Foi automático, lanzámonos cara a el ata tombalo e esnaquizar cristais e luces. Máis berros de alegría. Non recordo moi ben como rematou todo. Sinxelamente chegamos ao lugar onde se tiña que rematar a manifestación e a xente parou. Chegados a este punto detiveran 2 persoas, e un rapaz escapárase cando intentaban collelo. Tamén se dera unha pedrada na cara a un madeiro (P.D.: A próxima vez non será só un).
Máis tarde se realizou unha concentración que fora convocada e desconvocada polos sindicatos. En metade dunha rotonda rodeada por leiteiras, non había que facer nada aínda que nos recoñecemos entre algunhxs dxs que estiveramos antes a loitar xuntxs e foi bonito. Ás 21:30 foise a recoller xs detidxs e sei que pola noite continuaron os disturbios ata preto das 23:30 pero aí xa non estiven. O total de detidxs en todo o día foi de 17 persoas (iso dixéronme despois do da noite).
Nada mudou en Bilbo. O FMI segue practicando o terrorismo internacional, e nos recuperamos a esperanza con máis forzas que nunca. Provocaremos a próxima cada noite. Vémonos na rúa...
No hay comentarios:
Publicar un comentario