11 mar 2014

[Barcelona] Encarapuchadxs atacan librería neonazi Europa

Información facilitada polo compa de "Rebelión de las Palabras" que di que atopou no Indymedia Barcelona (quen a subiu ó Indy á súa vez toma a info dunha nova da prensa comercial):

Segundo informa a prensa catalana un grupo duns 5 encarapuchadxs atacou hoxe pola mañá a Librería Europa, dedicada á divulgación da ideoloxía neonazi e fascista con literatura en prol da superioridade racial, o heterosexismo e a homofobia ou incluso a negación do holocausto nazi. No ataque as asaltantes escacharon as xanelas e lanzaron pintura contra a fachada do devandito establecemento, para logo fuxir. Dentro da libreria había clientes no intre da sabotaxe, que tivo lugar sobre as 10:30 h., e éstes chamaron á policía. Cando chegaron os madeiros, as asaltantes fuxiran e segundo din habería unha investigación aberta para descubrir a súa identidade.

A Librería Europa é propiedade de Pedro Varela, un coñecido neonazi que xa estivo condenado á cadea fai 4 anos, en marzo do 2010, noutro lavado de cara da democracia para semellar plural e que non se note demasiado a sinerxia que vincula ó Capital/Estado co fascismo. A sentencia foi por difundir ideas xenocidas e por atentado contra as liberdades fundamentáis
e as liberdades públicas que (supostamente, e só na teoría) protexe a Constitución. Ademáis, Pedro Varela foi condenado máis veces por feitos semellantes. É un dos cabecillas do antigo grupo neonazi CEDADE, e outras organizacións dedicadas ó estudo e negación do holocausto e á difusión das ideas do nazismo.

Este establecemento xa fora atacado anteriormente, por exemplo no marco da folga xeral do 29 de septembro de 2010 cando un piquete autónomo esnaquizou as xanelas e entrou rompendo varios libros e tirando con todo.

Lume!

Máis información no blogue de referencia "Rebelión de las Palabras"

No hay comentarios:

Publicar un comentario