5 mar 2014

Attaque – Novo blogue anarquista adicado á Crónica da Guerra Social na Francia.

Compas francesas enviáronos un seu correo con gallo de que demos publicidade ao seu blogue, cousa á que accedemos gostosas: Colamos pois acá o seu texto recebido, onde falan do seu proxecto informativo:

Attaque é unha web de perspectiva anarquista que se prantexa como obxectivo retomar e unir entre elas ás diferentes manifestacións de antagonismo que teñen lugar no seno da sociedade, e contra ela. As nosas fontes son diversas, poden variar dende a prensa burguesa, da que non nos fiamos muito dado os intereses que serve e os seus métodos para oporse ás prácticas de acción direita (deformación/invisibilización), ata distintas páxinas webs de contra-información onde encontramos comunicados de reivindicacións.

O ataque e máis a violencia, sexan revolucionarios e/ou de revolta, están comprendidos aquí como unha parte integrante da guerra social en curso dende sempre, que se opón á dominación nas súas distintas formas de tensións cara a liberdade. Non estableceremos nengunha xerarquía entre os actos de revolta, sexan chamados “políticos” ou “sociais”, nos deixamos esas distincións axs autoritarixs por un lado, e por outro axs anarco-populistas. Nos escollimos non coller nunca textos de organizacións, sexan políticas, de esquerdas ou de luita armada, pois rexeitamos toda lóxica organizadora, por moi “informal” ou anarquista que sexa.

No desposuidor megafluxo de informacións virtuais que representa Internet, seguramente será imposíbel a exhaustividade. Convidamos, a quen o desexe, a contribuir con nos enviándonos posibeis correccións, así como traduccións ao correo: guerresociale[arroba]riseup.net

https://attaque.noblogs.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario